Guerra aberta entre El Correo Gallego e o alcalde de Santiago

O xornal santiagués refírese a Martiño Noriega como “el alcalde 2.0” e éste replica que non vai “pagar con cartos públicos para que falen ben dun”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/11/2015 | Actualizada ás 12:45

Comparte esta noticia

As grandes diferencias que manteñen o rexedor de Compostela, Martiño Noriega, co xornal da capital galega, El Correo Gallego, desde que o primeiro gañou as pasadas eleccións xerais, lonxe de apaciguarse, aumentan en decibelios.

Martiño Noriega
Martiño Noriega

E é que o que comezou como diverxencias durante a campaña é agora unha guerra aberta que está lonxe de acabar. Nesta loita, El Correo Gallego deu un paso máis ao evitar, mesmo, utilizar o nome do alcalde. Nas poucas informacións nas que se refiren a el fano, agora, co apelativo de “alcalde 2.0”, precisamente, polo gran uso que Noriega fai das redes sociais.

E foi, precisamente a través delas onde o líder de Compostela Aberta lle contesta a El Correo na última batalla entre os dous. Este mércores, o xornal santiagués titulaba cun elocuente “Bofetada del alcalde 2.0 a las cofradías: ni un euro de subvención”. A resposta de Noriega no se fixo agardar.

“Un xornal que menospreza o mundo 2.0 semella ese dinosauro que non miraba para o ceo antes de que caese o meteorito”, escribía na súa conta de FB. E engadía catro pequenas notas a xeito de postdatas:
“Pd1.Aos traballadores e traballadoras débeselles tres meses de salario (iso si que é unhalabazada)
Pd2. Os veciños e veciñas comezan a estar molestos cando terxiversan as súas declaracións neste “todo vale” deste facer xornalístico
Pd3.“Vuelvo y repito”, non imos pagar con cartos públicos para que falen ben dun (propios non teño)
Pd4. 2.0 (a moita honra)”.

Precisamente, segundo o rexedor as grandes diferencias con El Correo Gallego xurdiron logo da decisión do Concello santiagués de non subvencionar a este medio, que recibiu do anterior goberno popular máis de 200.000 euros no pasado ano tal e como publicou o propio Noriega. “Eu fíxeno publico porque asumía que determinadas liñas editoriais ían máis alá do que era unha crítica e entraban en cuestións persoais e estaban a xerar determinadas dinámicas que non eran reais. E cando digo de cuestións persoais e que ían máis alá da opinión xa faltando ao respecto”, apuntaba o rexedor nunha recente entrevista ao GC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

8 galegoexiliado

O Califa, o Alcalde 2.0 ou ese señor que non paga impostos en Compostela, como queirades chamarlle, pretende convertir Compostela nunha cidade de perroflautas. Como bo exmarsista odia a propiedade, o aforro e a quén crea riqueza e pretende queimar a impostos (que él non paga) aos compostelans pa dar axudas e pisos a perroflautas e moinantes (seus votantes) e nega axudas a organizacions compostelanas mentras apoia aos árabes de Gaza e aos muslims sirios. Non entendo a qué agarda a oposición pa presentarlle una moción de censura pois moitos xa votan de menos a Conde Roa.

1 Maria Jose

es entendible tu comentario, al estar exiliado vives en otro mundo (y además serás cuñado de Conde Roa o algo así). Encantados estamos en Compostela, estábamos esperando un poquito de saber hacer y por fin lo tenemos. Es duro cuando acaban las cacicadas (para los caciques) pero así debe ser para una mejor democracia. Por tu comentario intuyo total intolerancia hacia los que no son fachas o peperos caciques, pero muchos de los que llamas tu perroflautas moinates somos profesores médicos, profesores de universidad, funcionarios, etc... me gusta muchísimo ver comentarios como el tuyo, de hecho es necesario verlos para darse cuenta de lo que se está consiguiendo.

7 Fartidenazios

El alcalde da noxo. Con esas pintas, ese acento de paleto urbanita, las ínfulas de cultureta, los prejuicios ideológicos que pone de manifiesto en aspectos como la subvención a las cofradías... una peniña. Seguro que para la jentalla del pichel, para el correlengua y otras estupideces hay cartiños. Yo, cada vez que el oigo en los medios, ya apago la radio. A ver si la oposición le hace la vida imposible a ese gobierno de sectarios, cuya muestra más evidente es el concejal que insultó a España y a nuestro ejército. Si lo pillara alguno que yo me sé...

1 teensa

Da noxo? Paleto?. Pois ti con esa mestura de idiomas.... Chamarlle paleto a Noriega si é ser paleto. Pódeche gustar máis ou menos pero negarlle a intelixencia é non tela

2 CarlosTilos

Noxo daba Compostela ata fai uns meses, 3 alcaldes en menos de 4 anos. Agora pouco a pouco melloranse as vidas dos Compostelanos, mellores servicios, mellores e mais repartidos impostos, mellores eleccións dos gastos con carto de todos... en resumen estase facendo pasiño a pasiño todo o que se deixou de facer para acabar co atraso que trouxo o PP a Compostela.

3 CompostelanaEnfurecida

Mellores servizos? Explicarme ti cales son eses mellores servizos porque ata agora eu non o vin facer cambios. Cando facia campaña dicia que iba a quitar a zona azul e eu sigoa pagando, tamen fixo campaña decindo que a obra de carreira do conde e a eliminación dos aparcamentos na rúa movianse polos intereses privados dos que tiñan amigos con parking... E que vai facer el en montero ríos? Quitar aparcamento e poñer a carga e descarga enriba da acera para que non se poda aproveitar fora do horario... MANDA CARALLO!

6 antifascista

Lume con eles. Liberemos Compostela do inferno fiscal e da inutilidade destes mafiosos.

1 Fartidenazios

¿subiendo los impuestos a empresarios y propietarios? ¿Insultando a los españoles y a su ejército en las redes? En Santiago sobran tipos como ese concejal de la ciga y quienes les jalean.

5 Doutor Ghu

Lol!

4 depende

Está ben. Pero para La Voz de Galicia este mes 10.000 eurotes. Hai cruzadas e cruzadiñas