Guerra aberta entre El Correo Gallego e o alcalde de Santiago

O xornal santiagués refírese a Martiño Noriega como “el alcalde 2.0” e éste replica que non vai “pagar con cartos públicos para que falen ben dun”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/11/2015 | Actualizada ás 12:45

Comparte esta noticia

As grandes diferencias que manteñen o rexedor de Compostela, Martiño Noriega, co xornal da capital galega, El Correo Gallego, desde que o primeiro gañou as pasadas eleccións xerais, lonxe de apaciguarse, aumentan en decibelios.

Martiño Noriega
Martiño Noriega

E é que o que comezou como diverxencias durante a campaña é agora unha guerra aberta que está lonxe de acabar. Nesta loita, El Correo Gallego deu un paso máis ao evitar, mesmo, utilizar o nome do alcalde. Nas poucas informacións nas que se refiren a el fano, agora, co apelativo de “alcalde 2.0”, precisamente, polo gran uso que Noriega fai das redes sociais.

E foi, precisamente a través delas onde o líder de Compostela Aberta lle contesta a El Correo na última batalla entre os dous. Este mércores, o xornal santiagués titulaba cun elocuente “Bofetada del alcalde 2.0 a las cofradías: ni un euro de subvención”. A resposta de Noriega no se fixo agardar.

“Un xornal que menospreza o mundo 2.0 semella ese dinosauro que non miraba para o ceo antes de que caese o meteorito”, escribía na súa conta de FB. E engadía catro pequenas notas a xeito de postdatas:
“Pd1.Aos traballadores e traballadoras débeselles tres meses de salario (iso si que é unhalabazada)
Pd2. Os veciños e veciñas comezan a estar molestos cando terxiversan as súas declaracións neste “todo vale” deste facer xornalístico
Pd3.“Vuelvo y repito”, non imos pagar con cartos públicos para que falen ben dun (propios non teño)
Pd4. 2.0 (a moita honra)”.

Precisamente, segundo o rexedor as grandes diferencias con El Correo Gallego xurdiron logo da decisión do Concello santiagués de non subvencionar a este medio, que recibiu do anterior goberno popular máis de 200.000 euros no pasado ano tal e como publicou o propio Noriega. “Eu fíxeno publico porque asumía que determinadas liñas editoriais ían máis alá do que era unha crítica e entraban en cuestións persoais e estaban a xerar determinadas dinámicas que non eran reais. E cando digo de cuestións persoais e que ían máis alá da opinión xa faltando ao respecto”, apuntaba o rexedor nunha recente entrevista ao GC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

3 torpe

Eleccións xerais?

2 Diástole

Fai ben Martiño Noriega en non poñer publicidade do Concello no Correo Antigalego e restrinxila a medios democráticos e galegos como é Galicia Confidencial.

1 eusi

Queda de manifesto toda a rede de favores entre PPaifocada-igrexa-CorreoKK