O PP presume de unidade e non ve problema en deixar a presidencia da Cámara a un baltarista

O partido conservador di non estar preocupados está preocupado polas vacantes que, con toda probabilidade, deixarán a presidenta Pilar Rojo e deputada Paula Prado no Parlamento de Galicia. Feijóo saca peito presumindo de unidade en contraste coa esquerda e o nacionalismo.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 17/11/2015 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sinalou o luns que "nas listas do Partido Popular está a unidade que non acadaron a esquerda e o nacionalismo porque hai unha idea e un proxecto de país".

Feijóo e Pilar Rojo
Feijóo e Pilar Rojo | Fonte: PD

Así se expresaba o líder dos populares galegos esta tarde no acto de presentación da candidatura dos populares pola provincia da Coruña para o Congreso e o Senado con motivo dos vindeiros comicios xerais. 

Segundo destacou o presidente do PPdeG, as listas dos populares contan "con renovación grazas a persoas decididas a involucrarse e á xenerosidade dos que dan paso ás novas incorporacións". Así mesmo, fixo fincapé en que os conservadores renovan as listas con "experiencia política e experiencia de xestión." O líder dos populares galegos asegurou que nas listas do PP "hai certezas de gobernabilidade posto que forman equipos para gobernar".

Nestas listas figuran Pilar Rojo, presidenta do Parlamento de Galicia, e Paula Prado, deputada e ex-concelleira de Santiago. Cuestionado polo máis que probábel relevo de Rojo (vai de número 2 pola Coruña), Pedro Puy, voceiro parlamentar conservador, quitoulle ferro, argumentando que o PP ten canteira dabondo para remplazalas.

Paula Prado, ex-voceira do PPdeG
Paula Prado, ex-voceira do PPdeG

 

En declaracións a prensa o luns, Puy mostrouse tranquilo ante un eventual cambio na presidencia do Parlamento, que pasaría a Miguel Santalices, deputado ourensán do PP próximo a José Manuel Baltar. A delicada situación política e mediática do presidente da Deputación de Ourense, lastrada pola denuncia de sexo a cambio de traballo público, parece que non está a afectar as súas relacións co aparato do PP, a miúdo ciumento do poder ourensán.

 

A eventual desginación de Santalices e a defensa que até hoxe fixo Feijóo de Baltar indican que as relacións entre as dúas familias do PP galego son, polo de agora, en vísperas dos comicios, boas.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta