Ferreiro quere que na Coruña haxa “pan e teito” para todos

O alcalde coruñés prefire deixar sen facer “túneles” e investir tres millóns de euros en renda mínima municipal. "A Coruña é unha cidade lastrada por décadas de urbanismo irresponsable e é o momento de reflexionar se se queren expor un plan urbanístico para os coches ou para as persoas", mantén.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 17/11/2015 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, ten moi claras as preferencias políticas do seu goberno; atacar a pobreza social. Por iso, quere que no seu concello todos teñan “pan e teito”, aínda que iso, implique, non facer outras obras de infraestrutura.

Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña
Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña | Fonte: coruna.es

“É mellor facer un túnel cunha obra de tres millóns de euros sen rendibilidade social ou destinalos a medidas como a renda mínima municipal, que supón un pequeno esforzo que non cambiará a vida de quen llo poden permitir pero si de miles de persoas?", preguntouse.

É un proxecto que “non ten volta atrás" e busca que todos os que viven na Coruña teñan, dixo, “un mínimo para vivenda, manutención e vestimenta” para lograr unha "vida digna". Para iso, anunciou a aprobación das novas ordenanzas fiscais que "piden aos que máis teñen un pequeno esforzo para aliviar aos que o están pasando mal".

Ferreiro, que participou no Novo Economía Fórum, no hotel Ritz de Madrid, foi presentado pola alcaldesa da capital, Manuela Carmena, quen augurou que será un gran alcalde e enxalzouno como un "home de dereito" que sitúa a "honestidade por encima de todo".

Na súa intervención, o rexedor coruñés insistiu nas novas ordenanzas fiscais para "os que máis teñen, fagan un pequeno esforzo para o que o están pasando mal" e afirmou que se trata de "algo xusto" como é o "principio de equidade da presión fiscal". "A Coruña é unha cidade lastrada por décadas de urbanismo irresponsable e é o momento de reflexionar se se queren expor un plan urbanístico para os coches ou para as persoas", dixo.

Así, suliñou que a sociedade "demanda moito aos concellos" pero que non posúen "diñeiro suficiente para poder prestar servizos públicos" e pediu ao alcalde de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero, que axude á "estabilización das leis" e deixe "as rifas vergoñosas entre o PP e o PSOE".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

6 Comunista

Para os trolls a soldo do BNG/NosCaGa que a xente desafiuzada e que pasa fame poda ter comida e unha vivenda é "españolismo" e "franquismo". Como se nota que son un fato de pequeno-burgueses fanatizados e sectarios que viven desafogadamente grazas as súas liberacións eternas e ás subvencións coas que España suborna o BNG -por medio das súas fundacións afíns- para que continúe a ser tan mansiño coma sempre. Noxo.

1 Dicontrario Averdade

Pequeno burguéses: profesionais que no capitalismo monopolista tentan gañar para a súa causa aos traballadores utilizando unha linguaxe socialista ou mesmo esquerdista...A que vos sona?

2 Dicontrario Averdade

Pequeno burguéses: profesionais que no capitalismo monopolista tentan gañar para a súa causa aos traballadores utilizando unha linguaxe socialista ou mesmo esquerdista...A que vos sona?

3 Dicontrario Averdade

Pequeno burgueses: profesionais que no capitalismo monopolista tentan gañar para a súa causa aos traballadores utilizando unha linguaxe socialista ou mesmo esquerdista...A que vos sona?

5 Agetas das targetas

Mensaxes propios do auxilio social franquista ou da católica Cáritas, difundidos por Carotas da nova vella política de sempre,

4 Sesee

So falta poñer unhos fielatos as entradas da coruña

3 23 liberados

Pois que empece a facer algo. O de municipalizar a ORA ou apoiar os praceiros parece que xa non lle interesa.

2 franquista

Casi o mesmo que prometeu o Caudillo ao comezar o GMN, que en ningunha casa faltaría pan e lumbre.