Hipercor, Mercadona, Alcampo, Lidl, Carrefour e Dia suspenden en galego

A Unión de Consumidores de Galicia acaba de publicar un estudio sobre os Servizos de Atención ao Cliente (SAC) dos principais supermercados e hipermecados do país. A lingua é un dos aspectos avaliados mediante chamadas telefónicas aos teleoperadores. Os resultados son moi negativos para o galego; só aproban as marcas do país. Nun caso un empregado mesmo se puxo a responder en inglés cando se lle solicitou ser atendido en galego.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 19/11/2015 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O grupo que peor cualificación obtén en relación cos dereitos lingüísticos dos galegos e galegas é Dia.  "Sen contar ós grupos galegos, só Eroski parece apostar por un trato de calidade nesta área, aínda que non acada o aprobado sobresae por riba dos restantes suspensos", engade UCGAL.

Supermercado Gadis
Supermercado Gadis

Malia obter bos resultados, Gadis e Froiz non se libran das críticas. Así, o colectivo de consumidores sinala que "é digno de mención o feito de que nos grupos galegos o uso do nosa lingua non estea plenamente integrado o que chocha especialmente no caso de Gadis e as súas coñecidas campañas publicitarias".

Unha das variábeis que mediron os enquisadores é a capacidade de consultar dúbidas en galego, e que a conversa se mantivera no idioma propio durante todo o proceso. Tamén se valorou que se atendese en español, pero que se desviase a chamada, ou polo menos se intentase, a outro operador que falara galego.

"Os casos máis graves aconteceron cando o operador colgaba o teléfono ante o uso do galego ou comezou a falar en inglés como resposta". Isto sucedeu, segundo UCGAL, polo menos unha vez, nunha chamada a Alcampo, 26 de outubro de 2015.

UCGAL lembra que a Lei  2/2002, de protección dos consumidores, garante o dereito dos cidadáns a escoller o idioma oficial que queira para relacionarse cos comercios, aínda que os comerciantes non teñen a obriga legal de atender en todas as linguas oficiais.

Supermercado do Grupo Froiz
Supermercado do Grupo Froiz

O grupo de defensa dos consumidores entende que as cadeas que abren sucursais no país deberían ofrecer tamén o SAC telefónico en lingua galega, especialmente debido ao auxe da compra por internet.

Velaquí os resultados publicados:

Valoración do uso do idioma galego polos SAC

Gadis

Froiz

Eroski

Hipercor

Mercadona

Alcampo

Lidl

Carrefour

Dia

8.13

7.38

4.44

2.81

2.63

2.01

1.88

1.25

1.04

 

Tenda da cadea de supermercados DIA
Tenda da cadea de supermercados DIA | Fonte: sucurriculum.com
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

4 nostrus

Non entendo o fanatismo hacia o galego, parece que non abonda co dereito a usalo cada un sinon que hai que esixirlle aos demais que tamen o fagan. Eu creo no dereito a comunicacion e só lle pediria a alguen que me fale nunha lingua que eu entenda e que me deixe falar a min o que me pete si o meu interlocutor me comprende. Por outra banda vese que alguns dos foreiros chaman acomplexados aos que non usan o galego e seguro que se reservan para eles o dereito a non usar o español. Hai que procurar que a informacion chegue a maior cantidade de personas as que vai dirixido o mensaxe e deixar de esixir as personas que se comporten como membros dunha secta. Parece co galego é o noso deus e os humanos temos a obriga de ser seus servos, cando o galego e un invento das personas e somos nos quenes decidimos sobre o galego e non ao reves.

1 teutonio

Suspendiches o exame de comentario de texto da selectividade non é?, que parte de UCGAL lembra que a Lei 2/2002, de protección dos consumidores, garante o dereito dos cidadáns a escoller o idioma oficial que queira para relacionarse cos comercios non entendes?, se os comercios prefiren responder en inglés mesmo e visto que non a lei os ampara neste tipo de discriminacións, si, non atender na lingua do consumidor nun lugar no que é oficial é discriminatorio, pois soamente nos queda exercer o noso poder de consumidores. Que tal van esas clases de inglés e de chinés pra que a túa mensaxe chegue ao maior número de persoas?, I am sure you are progressing adequately ;)

2 HAC6

teutonio. Xa contaba eu que me sairas ca tontada do inglés e o chinés, pero eso carece de fundamento porque si o pos en inglés ou chinés esa mesaxe chega a moitisimas menos personas das que pasan por ahi que si o pos en galego. Dende logo o modo de que esa mensaxe chegue a mais xente (que é do que se trata) é que este escrito en español, xa que chega a todos os galegofalantes e aos non- galegofalantes que comprenden o español. A verdadeira utilidade dunha lingua é como ferramenta de comunicacion, porque como sinal de identidade de pertenecia a un grupo, case mellor que rotuledes unha "G" na nalga esquerda. O galego é unha lingua oficial en Galicia para que quen queira a use cando lle pete, pero non é unha relixión de obrigado cumplimento.

3 teutonio

Non é non, o que é de obrigado cumprimento son os dereitos dos consumidores como explica esa lei, e o que sería de obrigado cumprimento sería que estes non reciban un pior servizo se escollen o galego, que é o que sucede de cotío.. é que me deixas o argumento xa preparado pra responderche meu!!!, es moi limitado!. Por certo, en que libro de sociolingüística atopaches iso de que a verdadeira utilidade dunha lingua é ser ferramenta de comunicación?, tamén é o contrario, ferramenta de exclusión ou é que nunca falaches nunha lingua pra que un de afora non te entedese? (é verdade que has de ser bilingüe e non debes andar moito con xente estranxeira, vese ben que non viaxas moito). E obviamente, tamén ten un claro valor cultural e identitario... por moito que repitas o da ferramenta de comunicación pra limitar a importancia dunha lingua e desligala dunha terra e unha comunidade, ese argumento non ten base ningunha, quitando o cuñadismo

4 nostrus

teutonio.Pues claro que soy bilingüe y he viajado bastante, aunque me da igual que no lo creas, pero lo de ligar una lengua a un territorio, es cierto si lo coges en su amplitud, asi por ejemplo el español esta ligado a Galicia, resto de España, Suramerica, Centroamerica, Norteamerica y algun territorio mas, pero no puede circunscribirse como pueblo el territorio que abarca una lengua, ya que hay lenguas que abarcan varios pueblos ( en el español tienes el ejemplo) y a la vez hay pueblos que tienen mas de una lengua. En cuanto al valor cultural e identitario te dire que la identidad va ligada a la realidad lingüistica social y las personas siempre deberan practicar una cultura de forma voluntaria. Lo dicho, desde el nacionalismo se ha elegido el gallego como forma de identidad, pero por que le dio por ahi, como le pudo haber dado por elegir la religion, la gaita o el lacon con grelos.

5 Teutonio

No español e demais linguas europeas de estados colonizadores teño o exemplo (francés, portugués, inglés, ruso...), pois vaia, a colonización, exterminio e extinción das linguas, culturas e pobos nativos.... gran exemplo. Non acabo de entender logo como ao galego se lle chama galego e non ibérico noroccidental, se non está ligado a un pobo e a unha terra..

6 Teutonio

Por certo, que pobo fala máis dunha lingua de maneira espontanea?, eu non coñezo ningún, os territorios europeos bilingües ou están nunha fronteira lingüística (Bélxica, Tirol, Suíza) na que viven diferentes pobos que viven xuntos baixo un sistema federal, ou ben eran periferia e sufriron as consecuencias das políticas lingüísticas implantadas especialmente durante o sec. XIX e principios do XX (Occitania, Gales, Macedonia...) desde o centro. Naqueles territorios onde se falaba máis dunha lingua, esas persoas non se identificaban como un so pobo (yidish, alemán, polaco na Galicia por exemplo) aínda que fosen cidadáns do mesmo estado (Polonia ou Austro-Hungría). En serio, abre un manual de sociolingüística e deixa de repetir slogans que fas o ridículo. De verdade, se che interesa tanto estas historias porque non estudas e logras un coñecemento máis profundo e menos superficial?

7 fartodelespañol

mira nostrus te lo dije hace mucho tiempo cuando la constitucion del mal llamado estado español no me obligue a aprender el castellano hablamos mientras tu y la calaña como tu me imponen un idioma que no necesito que no quiero que es el castejano me se entiende

8 nostrus

Teutonio, porriba da identidade dun pobo estan as liberdades das personas que o forman e ninguen esta obrigado a colaborar nunha identidade, ¿acaso temos que ir a misa para poder dicir que Galicia é católica?. Por outra banda a identidade lingüistica de Galicia é o bilingüismo e a oficialidade lingüistica basease na realidade lingüistica social. Que saibas que a identidade non é sempre a mesma e muda, ¿acaso ti tes a mesma identidade dende que naciches?, vos pretendedes que non evolucionemos, que sigamos atados a un momento no que paramos o reloxio para manter unha identidade determinada, ¿cal é o momento no que decidimos parar ese reloxio?. Si che preocupa a identidade de Galicia empeza por aceptar o bilingüismo.

9 teutonio

A identidade muda, claro, especialmente despois de décadas de lexislación lingüística supremacista. Aquí os únicos que defendedes o monolingüísmo sodes vos, Galicia é plurilingüe, fálanse ducias de linguas, das cales so unha é a orixinaria do pobo galego, pola contra hai certos sectores que amparándose, nunha serie de slogans como a liberdade (logo o art. 3 da Cons. e todas as disposicións que obrigan ao coñecemento do castelán?), cando non o racismo lingüístico, pretenden que o galego deixe de ter ningún tipo de protección e de fomento e que por tanto vaia paseniña e silenciosamente desaparecendo pola presión do castelán, as forzas do mercado e os prexuízos imperantes. Sintoo, quen defendemos o plurilingüísmo, galego, castelán e as linguas dos cidadáns doutras latitudes con máis ou menos falantes, que moran aquí somos os que somos... outros defendedes o statu quo que ben vos beneficia con escusas ridículas

10 nostrus

teutonio.Certo que en Galicia fálanse moitas linguas, como en todas partes, pero só duas responden a realidade social lingúistica galega, que son as duas que son oficiais. polo feito de que o galego se orixinara en Galicia non é motivo de que os galegos esteamos presos a él e non podamos decidir cal falar. Co teu argumento en Roma estarian obrigados a falar latin porque naceu ali, en Galicia só no norte estarian obrigados a falar galego porque foi ali onde se orixinou, en Murcia, Ponferrada ou Sevilla non estarian obrigados co castelan porque no se orixinou ali e si estarian nos arredores da Rioja ou Burgos pòrque se orixinou ali. Deixate de lereas que ninguen esta obrigado a disfrazarse por ser de Verin, nin a correr diante dun touro por se navarro, nin a ser cristian porque Cristo morreu na cruz, sinon que todo estos aspectos pertenecen a liberdade das personas.

11 teutonio

Logo os españois non deberían coñecer o español como recolle o artigo 3 da Cons. Vaia inventaste que o meu argumento é obrigar a falar unha lingua por ser a orixinaria deste territorio... plas plas plas, matrícula de honor en comprensión lectora. Por certo, que o galego se orixinou no norte de Galicia?, de onde sacas iso?, os primeiros textos en galego foron maiormente escritos no norte do Portugal. A realidade social durante séculos e até hai ben pouco foi que a gran maioría do pobo galego falaba unha lingua e pola contra esta era marxinada e os seus falantes víctimas de prexuízos. Xa que reclamas iso da realidade social, estou a espera de que pidas que o árabe sexa oficial en Ceuta e Melilla e o mesmo co alemán en Mallorca. Xa sabes, quen teñen os dereitos son as persoas e a realidade social é a que manda...

3 eusi

A presión funciona: Vodafone e Orange, grandes despreciadoras do galego comezan a usalo (apenas na publicidade), tras estudar que R lle come o mercado. A presión da cidadania tamén foi clave: queixas nas webs, valoralas mal en enquisas, chamar ao centro de atención telefónica... Un grao non a fai graneiro pero axuda ao compañeiro.

1 Soedade

Eu pedinlle a Carrefour que na publicidade usase o galego como fan en Cataluña co catalán e contestáronme que non o tiñan previsto. Eiquí o galego non se precisa para nada, máis ben é un impedimento ata para traballar, cando noutros lugares xa tiñas que falar a súa língua para conseguir traballo no tardofranquismo. Non che digo hoxe! Por iso Cataluña está onde está e Galiza está onde está....

2 nostrus

fartodelespañol. La Constitucion dice que el español es de obligada comprension porque asi lo decidio el pueblo soberano y lo hizo porque responde a la realidad lingüistica soical y alegar su desconocimiento solo sería una artimaña para dejar de cumplir una norma. El gallego no es necesaraio que sea de obligada compresion por todos los españoles, como tampoco lo es el catecismo y no responde a la realidad lingüistica de España, tan solo se usa en Galicia.

3 fartodelespañol

nostrus que no tio que no que para ti solo tienen derecho los españoles los gallegos que no queremos español no parace que las lenguas son de las personas solo en español los gallegos no tienen lenguas por favor dejaros de cinismo tu y los bilingues solo dime que seremos iguales cuando yo no tenga que aprender español por que lo dice una constitucion que yo no vote y que es anticostitucional en si misma solo basta con leer aquello de que los españoles son iguales y resulta que yo no puedo enviar un papel a madrid en gallego ni puedo pedir los papeles de la administracion madrileña en gallego asi que sigue creyendote tus mentiras lo malo es que hay ignorantes que os creen es una pena

2 límico

Pois imaxinate cando pides información nunha asesoria, axencia, consultoría, notaría..... Lamentablemente seguimos a ser uns acomplexados. É típico nas sociedades menos avanzadas sentir vergoña polo propio.Ocorre en practicamente tódolos países do mundo. A nosa forma de ser galegos é renunciar ao que somos. Únicamente un interese serio das Administracións, que teñen a obriga de protexer o galego como Patrimonio da Umanidade pode revertir este terible problema.

1 Trocomotxo

Evidentemente intentou falar inglés, que seguro que non sabe nin a O. Pois evidentemente se o soubera non estaría aí. A min danme a risa moitos dos que din que saben falar inglés e despois cando os escoitas cometen os erros máis propios de nenos de 1º de infantil. Ademais de que eles se lles fala un inglés non entenden o máis mínimo e por suposto o inglés a eles non lles entende absolutamente nada.

1 Galego

Claro, porque en España no hay gente bien preparada y titulada que está trabajando en supermercados. Decir que evidentemente si supiera inglés no estaría ahí muestra tu desconocimiento absoluta de la realidad de tu país. Quizás el falto de conocimientos seas tú.