O himno galego convértese en marca comercial

A compañía cervexeira Estrella Galicia presenta unha nova campaña publicitaria na que utiliza o himno galego como elemento identitario e comercial. Botou man dun estudo para coñecer as reaccións que o poema de Pondal provoca nos galegos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/11/2015 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

A nova campaña publicitaria da cervexeira Hijos de Rivera, da que depende Estrella Galicia, xirará en torno ao himno galego. Unha campaña que pretende levar a cabo ao longo de todo o vindeiro ano co obxectivo de vincular esta empresa coa súa terra.

Publicidade de Estrella Galicia no spot 'Fogar de Estrella Galicia'
Publicidade de Estrella Galicia no spot 'Fogar de Estrella Galicia'

A empresa botou man dun estudo de Demométrica sobre as reaccións que provoca o himno galego na poboación. Así, tres de cada catro galegos recoñece os dous primeiros versos do himno e o 85,8% dos enquisados cre que representa moi ben a Galicia.

Por iso, no seu spot, a empresa utilizar as primeiras estrofas do himno galego, un poema de Eduardo Pondal a quen lle puxo música Pascual Veiga.  De feito, "Fogar de Estrella Galicia" é o slogan que utilizará a empresa galega para identificar a orixe dunha compañía que ten 109 anos e que é, xa, unha das grandes cervexeiras españolas.  "Galicia é a nosa orixe e o noso principal eixo estratéxico, por iso desenvolvemos esta marabillosa campaña que demostra o noso compromiso e reflicte o noso sentimento coa nosa terra", afirmou o conselleiro delegado de Hijos de Rivera, Ignacio Rivera.

A campaña desenvolverase en Galicia ao longo do próximo ano en todos os soportes e porá de relevo a asociación de Estrella Galicia con algúns dos emblemas culturais, deportivos e sociais máis relevantes do país.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

1 XPC

Outros como Gadis, éncheselles a boca falando de Galiza e sempre en español.

1 nostrus

E que o español é unha lingua de Galicia que axuda a conformar a nosa identidade. Galicia e tal como é, cas suas linguas, seu paisaxe, sua gastromia, o BNG ctr.