Dous operarios sofren múltiples facturas nunha caída desde varios metros

O accidente aconteceu nunha nave en Vilgarcía.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 04/07/2024 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

Dous operarios sufriron múltiples fracturas ao sufrir unha caída desde varios metros cando traballaban no exterior dunha nave no municipio de Vilagarcía de Arousa.

Sobre as 9,30 horas, o 112 Galicia recibiu o aviso por un accidente laboral con dous operarios feridos nunha nave do polígono do Pousadoiro, en Vilagarcía. Un equipo do 061 xa estaba en movemento e solicitaban o apoio dos bombeiros para poder acceder aos traballadores, xa que caeron desde unha cesta elevadora a unha plataforma situada a varios metros do chan.

Bombeiros e Protección Civil tiveron que empregar unha escaleira para rescatar aos feridos e poder trasladalos en ambulancia a un centro hospitalario. Segundo informa o 112 Galicia, neste operativo participaron, ademais, os axentes da Policía Local e Nacional.

061 .
061 . | Fonte: Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta