Detido un veciño de Poio por tenencia ilícita de cocaína e investigado por conducir sen permiso en vigor

Ademais de investigalo como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2024 | Actualizada ás 15:14

Comparte esta noticia

Unha patrulla do Posto da Garda Civil de Pontevedra-Exterior detivo a un veciño de Poio por un delito de tráfico de drogas polo miúdo, ademais de investigalo como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria. Segundo informan nun comunicado, a detención produciuse no transcurso dun operativo desenvolvido no casco antigo de Combarro, en relación coa Operación Verán 2024.

O servizo tivo lugar o 4 de xullo, cando os compoñentes dunha patrulla observaron unha motocicleta que circulaba pola rúa Da Cruz da mesma localidade. Identificaron o usuario que a conducía, do que se tiña constancia da perda de vixencia do permiso de condución, por perda total de puntos asignados. Por iso, dáselle o alto, pero o home tenta darse á fuga. A patrulla bloquea a súa saída interpondo o vehículo oficial e acaba sendo inmobilizado polos axentes.

Unha vez inmobilizado, fai entrega voluntariamente dun envoltorio de plástico transparente, afirmando que contén cocaína preparada para a súa distribución e venda directa a toxicómanos da zona, que contén un total de 12 envoltorios de cocaína, cun peso total de 7,36 gramos. A patrulla se inacauta ademais do teléfono móbil que levaba

O detido foi posto en liberdade tras prestar declaración en dependencias da Garda Civil, coa obrigación de presentarse no Xulgado de Instrución Nº3 de Pontevedra cando sexa citado para iso. En canto ao delito contra a seguridade do tráfico por conducir un vehículo a motor con perda de vixencia do seu permiso de condución, foi citado en calidade de investigado, para a celebración de xuízo rápido fixado para o día 10 deste mes.

Un axente da Garda Civil, de costas, de pé xunto a un vehículo oficial
Un axente da Garda Civil, de costas, de pé xunto a un vehículo oficial | Fonte: GARDA CIVIL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta