Vence ve "un despropósito" que o chamen a declarar no xuízo sobre Resistencia Galega

O voceiro e o secretario nacional do BNG terán que comparecer como testemuñas diante da Audiencia Nacional a raíz da Operación Jaro. A declaración está prevista para escasos días antes das eleccións xerais. "Xa é puntería", ironiza o líder do Bloque.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/11/2015 | Actualizada ás 11:17

Comparte esta noticia

"Ser citados como testemuñas o 14D polo asunto Causa Galiza é un despropósito pero farémolo con total tranquilidade com calquera testemuña". Así reaccionou o voceiro nacional do Bloque ao chamamento a declarar diante da Audiencia Nacional.

Carteis de Lola Castro Lamas Mariana e Jose Vilar Regueiro, dous mortos do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC), no acto do Día da Galiza Combatente de Causa Galiza en 2014
Carteis de Lola Castro Lamas Mariana e Jose Vilar Regueiro, dous mortos do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC), no acto do Día da Galiza Combatente de Causa Galiza en 2014 | Fonte: gzvideos youtube

Xavier Vence e Bieito Lobeira, secretario de organización, deberán acudir ao tribunal en relación a última operación contra a banda terrorista Resistencia Galega. O 2 de novembro nove persoas foron detidas na Operación Jaro, todas elas membros da Executiva da pequena formación independentista Causa Galiza.

Descoñécese a razón concreta do xuíz Eloy Velasco para chamar a declarar como testemuñas a cúpula do Bloque. Consultadas por GC, voceiros oficiais da fronte indican que na citación recibida non se dan máis detalles. Lobeira, e non Vence, comparacerá ante os medios hoxe as 12 horas para afondar no asunto.

A Xustiza acusa aos membros de Causa Galiza de realizar varios actos de homenaxe a terroristas, en particular o último Día da Galiza Combatente, tanto de Resistencia Galega como do Exercito Guerrilleiro do Pobo Galego Ceibe. As acusacións son graves, especiamente porque entre elas está a de integración en organización terrorista.

Libres pero imputados, varios dos independentistas detidos deron unha rolda de prensa na que defenderon en todo momento a legalidade o seu traballo político. Na comparecencia en Vigo o 14 de novembro, denunciaron que se trata dun "atropelo judicial e policial" e criticaron ao Goberno por dicir que se "descabezara unha organización terrorista" cando “nom existem dados concretos nem objetivos que permitam à Guardia Civil nem à Audiencia Nacional determinar que esta organizaçom política desenvolve atividades ilegais”.  Engadiron que son "pessoas que tenhem umha vida civil absolutamente normal com postos de trabalho e família com umha atividade política pública”.

Detencion dun independentista durante a Operación Jaro, que o Estado vincula con Resistencia Galega
Detencion dun independentista durante a Operación Jaro, que o Estado vincula con Resistencia Galega | Fonte: Diario Liberdade

Cando foron presos, a Executiva Nacional do BNG cualificou como  "un ataque aos dereitos democráticos" a suspensión de actividade da organización independentista Causa Galiza, decretada polo dous anos e que os imputados din van recurrir. O Bloque tamén alertara do "acelerado retroceso no exercicio de dereitos democráticos que se está a dar na Galiza".

Tras o xiro cara o soberanismo do último lustro, o BNG achegouse a organizacións independentistas como Causa Galiza, mantendo reunións con elas na busca da unidade de acción do nacionalismo e chegando a explorar a posibilidade de presentarse xuntos as eleccións europeas de 2013 . O Bloque mantén dende sempre unha actitude clara de condena a violencia terrorista.

Vence e Lobeira deberán declarar como testemuñas o 14 de decembro, poucos días antes das eleccións xerais, nas que o BNG apoia a Nos Candidatura Galega, plataforma na que non participa Causa Galiza. "Cóstame imaxinar que utilidade lle pode ter a miña testemuña ao xuíz Velasco, pero citar para a última semana de campaña xa é ter puntería", declarou Vence esta mañá, sorprendido polo chamamento e ironizando sobre a proximidade da declaración coa cida electoral.

Vence e Lobeira no Consello Nacional do BNG
Vence e Lobeira no Consello Nacional do BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

14 independentista liberal-social

Vaia por diante que non son marxista e critico os erros do BNG, como, por exemplo, algunhas cacicadas do Bipartito. Pero creo que o Bloque sempre deu a cara polo noso país. O que estamos a ver nos "mass media" é noxento: só se fala de Catalunya e das propostas do vello e novo bipartidismo. Hai unha forte censura contra os nacionalismos periféricos non cataláns e contra algunhas das forzas minoritarias estatais (Equo, RED, UPyD ou, en menor medida, IU). Pretenden meternos a PP, PSOE, Podemos e C´s ata na sopa, especialmente, o grupo A3media. E se non censuran a formacións coma o BNG, os tribunais politizados 2"enmérdano" días antes das eleccións xerais, mentres Anova e Espazo alíanse co cabalo ganador: o "establishment de La Sexta Noche": quen non saia nese programa e semellantes, queda marxinado nas enquisas (véxase UPyD). O 20-D por independentista, rexeneracionista, defensor da radicalidade democrática e por oposición á ditadura mediática votarei a NÓS.

1 independentista liberal-social

Que vaia por diante que non critico a GC por poñer esta nova, que penso que é importante. Cando falaba dos medios de comunicación do sistema, por suposto que non me refería a medios alternativos e dignos coma este. Fóra dos "media", tamén criticaba a politización da xustiza, pois resulta, cando menos, sospeitoso que chamen a declarar a Vence 25 días antes do 20-D.

2 bomborombon

a upgbng anda tan atrofiada que cae nos charcos todos que lle poñen. que grandes dirixentes. despois de todo estes dirixentes non van quedar sen traballo e terán o apoio do aparato. entre eles non se deixan tirados entre eles. non son pringados nin pringarán. non todo o mundo ten 16 anos cotizados como deputado e como liberado

3 bomborombon

e como liberado mais cotizacións.

4 Independentista liberal-social

Eu non milito en ningunha organización política nin creo que viva nunca da política. E dígoo sen ánimo de entrar en ningunha polémica con vós. Son independentista, rexeneracionista e liberal de esquerdas. O meu radio de voto abarca CXXI, CxG, Equo ou BNG/Nós. O meu partido de referencia é o xa desaparecido PNG-PG. Si penso que o BNG esta vez actuou moi ben: sacrificou as súas siglas pola unidade galeguista en favor dunha candidatura integradora, progresista e asemblearia; e mesmo aceptou ir con Podemos/IU, sempre que os seus escanos fosen por separado no Congreso (como pasa con moitas coalicións nas europeas).

13 adianteBNG

Eu son do BNG dende a súa formación. Os seus militantes facemos posible que Galiza siga existindo no mundo como o que é, unha nación sen estado, e unha nacion pacífica. Como a idea de que imos botando lume pola boca e engulindo aos nenos enteiros fai rir a xente, agora van a acusarnos de levar cintos de cartuchos como Pancho Villa.

1 Maritrini

Que importante eres

12 Ana

Cada dia mais xente esta a abrir os ollos e a decir "nin bipartidismo vello (PPSOE), nin bipartidismo novo (Ciudadanos e Podemos)". Preguntemonos como se financian os medios e a que partidos estan a dar mais presenza. Digamos NON o euro, a OTAN e o TTIP e SI a republica, a banca publica, o dereito o traballo e o impago da debeda ilexitima. "Dime como te trata de ben este rexime e saberei como vas defender os intereses da maioria social", esto é o que temos que pensar todos de calquer partido antes de votar.

1 Maritrini

Monopartidismo upg!

11 GC = GC

GC = GC Eloy Velasco Núñez es magistrado y juez español. Dirige el Juzgado Central de Instrucción número 6 de la Audiencia Nacional española y fue Director General de Justicia de los gobiernos de la Generalitat Valenciana, bajo la presidencia de Eduardo Zaplana y Francisco Camps, entre 1995 y 2003...."

10 Anónimo

Participade na enquisa que estou a facer pra saber cal vos parece que tería que ser a forma correcta e admitida no galego: cabozo, calabozo ou calabouzo? Podedes participar en https://estensiondogalego.wordpress...