Vence ve "un despropósito" que o chamen a declarar no xuízo sobre Resistencia Galega

O voceiro e o secretario nacional do BNG terán que comparecer como testemuñas diante da Audiencia Nacional a raíz da Operación Jaro. A declaración está prevista para escasos días antes das eleccións xerais. "Xa é puntería", ironiza o líder do Bloque.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/11/2015 | Actualizada ás 11:17

Comparte esta noticia

"Ser citados como testemuñas o 14D polo asunto Causa Galiza é un despropósito pero farémolo con total tranquilidade com calquera testemuña". Así reaccionou o voceiro nacional do Bloque ao chamamento a declarar diante da Audiencia Nacional.

Carteis de Lola Castro Lamas Mariana e Jose Vilar Regueiro, dous mortos do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC), no acto do Día da Galiza Combatente de Causa Galiza en 2014
Carteis de Lola Castro Lamas Mariana e Jose Vilar Regueiro, dous mortos do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC), no acto do Día da Galiza Combatente de Causa Galiza en 2014 | Fonte: gzvideos youtube

Xavier Vence e Bieito Lobeira, secretario de organización, deberán acudir ao tribunal en relación a última operación contra a banda terrorista Resistencia Galega. O 2 de novembro nove persoas foron detidas na Operación Jaro, todas elas membros da Executiva da pequena formación independentista Causa Galiza.

Descoñécese a razón concreta do xuíz Eloy Velasco para chamar a declarar como testemuñas a cúpula do Bloque. Consultadas por GC, voceiros oficiais da fronte indican que na citación recibida non se dan máis detalles. Lobeira, e non Vence, comparacerá ante os medios hoxe as 12 horas para afondar no asunto.

A Xustiza acusa aos membros de Causa Galiza de realizar varios actos de homenaxe a terroristas, en particular o último Día da Galiza Combatente, tanto de Resistencia Galega como do Exercito Guerrilleiro do Pobo Galego Ceibe. As acusacións son graves, especiamente porque entre elas está a de integración en organización terrorista.

Libres pero imputados, varios dos independentistas detidos deron unha rolda de prensa na que defenderon en todo momento a legalidade o seu traballo político. Na comparecencia en Vigo o 14 de novembro, denunciaron que se trata dun "atropelo judicial e policial" e criticaron ao Goberno por dicir que se "descabezara unha organización terrorista" cando “nom existem dados concretos nem objetivos que permitam à Guardia Civil nem à Audiencia Nacional determinar que esta organizaçom política desenvolve atividades ilegais”.  Engadiron que son "pessoas que tenhem umha vida civil absolutamente normal com postos de trabalho e família com umha atividade política pública”.

Detencion dun independentista durante a Operación Jaro, que o Estado vincula con Resistencia Galega
Detencion dun independentista durante a Operación Jaro, que o Estado vincula con Resistencia Galega | Fonte: Diario Liberdade

Cando foron presos, a Executiva Nacional do BNG cualificou como  "un ataque aos dereitos democráticos" a suspensión de actividade da organización independentista Causa Galiza, decretada polo dous anos e que os imputados din van recurrir. O Bloque tamén alertara do "acelerado retroceso no exercicio de dereitos democráticos que se está a dar na Galiza".

Tras o xiro cara o soberanismo do último lustro, o BNG achegouse a organizacións independentistas como Causa Galiza, mantendo reunións con elas na busca da unidade de acción do nacionalismo e chegando a explorar a posibilidade de presentarse xuntos as eleccións europeas de 2013 . O Bloque mantén dende sempre unha actitude clara de condena a violencia terrorista.

Vence e Lobeira deberán declarar como testemuñas o 14 de decembro, poucos días antes das eleccións xerais, nas que o BNG apoia a Nos Candidatura Galega, plataforma na que non participa Causa Galiza. "Cóstame imaxinar que utilidade lle pode ter a miña testemuña ao xuíz Velasco, pero citar para a última semana de campaña xa é ter puntería", declarou Vence esta mañá, sorprendido polo chamamento e ironizando sobre a proximidade da declaración coa cida electoral.

Vence e Lobeira no Consello Nacional do BNG
Vence e Lobeira no Consello Nacional do BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

4 comunista independentista

BnG: vitimismo e balóns fóra a partes iguais.

1 5000 euros por non ir

Hombre o comunista de los peines agora coa audiencia nacional.

2 comunista independentista

Non é para tanto a cousa, que aos do BnG só os chaman a declarar. O papelón é para os de Causa Galiza. E tal como van sinalando as enquisas, este vai ser o único xeito de que en decembro o BnG poida enviar a dous dos seus a Madrid.

3 23 liberados

E o voso obxetivo de sempre. É o que vos gustaria deixar ao BNG sen representacion e que vaia Yolanda pedir un despacho novo. Ainda que iso pase o BNG vai seguir e vos por moito que cambiedes de aliado cada catro anos non ides durar moito. Xa pablemos empezou a afundirse e as mareas municipais estan cabreando a cada vez mais veciños

3 Roque

Quien con niños se acuesta mojado se levanta. A citación é un despropósito, certo. Pero o BNG non se afastou de determinadas accións ou actitudes, xerando confusións innecesarias.

2 Metástase

Mira que son burros os do BNG. En vez de ir cos adolescentes da sexta van nunha candidatura galega. Hai que ser ben pailáns!

1 Mareano Abalo

os daá FPG del Anova nonnos citan porque xa formamos parte do réxime español

1 Comunista

Non sei eu moi ben qué pintan estas dúas organizacións neste asunto. Ultimamente na UPG estades demasiado obsesionados coa FPG e arredores.