Por Galicia Confidencial | Ortigueira | 18/07/2024 | Actualizada ás 20:30
Rematou con éxito unha nova edición do Festival de Ortigueira, con máis de 100.000 persoas durante os catro días segundo datos que manexa a organización.
Foron catro días de concertos, desfiles e obradoiros repletos de público, malia que a choiva fixo acto de presenza nalgúns momentos da noite durante a primeira e última xornada, que tivo que suspender o seu último concerto del domingo. Aínda así, milleiros de persoas usaron o servizo de buses implantado polo concello e os aparcamentos estiveron cheos, especialmente os días centrais, venres e sábado, de afeccionados á música celta chegados de moi diversos puntos da península abarrotaron a vila, demostrando que Ortigueira durante estes días convértese na capital mundial da música celta.
CONCURSO RUNAS 2024
Nunha "edición memorable" do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, o xurado do Concurso Runas decidiu, de maneira excepcional, outorgar o primeiro premio a dous grupos debido á alta calidade das súas actuacións.
Así pois, Alana e Buíoch, galegos e irlandeses respectivamente, gañaron ex aequo o Concurso Runas 2024 e formarán parte do cartel do festival o vindeiro ano. Ambas formacións destacaron polo seu virtuosismo musical, creatividade e capacidade para conectar co público, o que fixo practicamente imposible decantarse por un único gañador.
Alana, que na fase previa do concurso xa conquistara ao público na votación en liña, subiu ao Escenario Estrela Galicia un repertorio que mestura a música tradicional galega con ritmos contemporáneos de base electrónica e pop. O trío galego, formado por Eloy Vidal, Antía Vázquez e Pablo Castro, conectou desde as primeiras cancións cos asistentes á Alameda, no que foi un dos concertos con máis éxito da noite.
Buíoch, formado por Dale Mckay, Ruaidhrí Tierney, Kurt Dinneen Carroll y David Harte, é un grupo de música tradicional irlandesa que compón arranxos e as súas propias melodías. O cuarteto, orixinario das Midlands de Irlanda, encheu o Escenario Estrella Galicia cun son tradicional pero progresivo nunha impecable actuación que cativou ao público e ao xurado pola súa orixinalidade e enerxía.
O Concurso Runas, que vén celebrando desde o ano 2000, ten como obxectivo a difusión da cultura e música Celta a través da promoción de grupos noveis, primando sempre as composicións propias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.