O BNG di que Feijóo é un "indigno" polas súas declaracións tras as citacións ante a AN

Os nacionalistas denuncian que as declaracións do presidente da Xunta sobre Vence e Bieito Lobeira evidencian "dano político".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/11/2015 | Actualizada ás 12:15

Comparte esta noticia

O BNG considera ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, unha persoa "indigna" por referirse ao voceiro nacional desta formación, Xavier Vence, e ao seu secretario de Organización, Bieito Lobeira, como se foran imputados dunha causa xudicial.

Xavier Vence, dando o seu primeiro discurso como voceiro nacional do BNG
Xavier Vence, dando o seu primeiro discurso como voceiro nacional do BNG

Esta organización política criticou que o máximo mandatario autonómico tivera expresado que a estas dúas persoas, chamadas como testemuñas no caso que a Audiencia Nacional segue contra Causa Galicia pola súa vinculación co grupo Resistencia Galega, "correspóndelles a mesma presunción de inocencia e de respecto á lei".

"Aludir á presunción de inocencia a persoas que non están acusadas nin imputadas, revela a clara vontade de facer dano político e só demostra que Núñez Feijóo é indigno para representar o goberno de todos os galegos", critica nun comunicado. Por iso, di, recibir con "estupor" estas declaracións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 John McNamara

Feijóo?, non é ese que aparece nun iate cun narco?