De Lara investiga os contratos do Concello de Poio con Aquagest

Axentes de Vixiancia Aduaneira realizaron un operativo neste municipio gobernado polo BNG dentro da Operación Pokemon. Por outra banda, o TSXG confirma o procesamento da parlamentaria do PP, Soledad Piñeiro por presunta prevaricación.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 02/12/2015 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

Nova operación da xuíza Pilar de Lara en busca de posibles contratos fraudulentos dun concello coa empresa Aquagest (actual Viaqua) dentro do marco da Operación Pokemon. Se hai unhas semanas era Pontevedra, desta volta tocoulle a quenda ao municipio veciño de Poio, tamén gobernado polo BNG.

Nito Sobral, alcalde de Poio
Nito Sobral, alcalde de Poio | Fonte: BNG

Varios axentes de Vixilancia Aduaneira acudiron a este concello para reclamar expedientes de contratación de obras realizadas pola empresa Aquagest, concesionaria do servizo de augas no municipio pontevedrés. Precisamente as investigacións sobre esta empresa ocupa unha das pezas separadas do groso sumario.

O operativo arrincaba ao dez da mañá. Os axentes pediron documentación das contratacións feitas por Aquagest en Campelo e Chancelas. Ademais, reclamaron todo documento relacionado coas contratacións desta empresa desde 2006 até a actualidade.

Poio únese así a Pontevedra na lista de municipios nos que De Lara puxo ultimamente o foco, aínda que en ambos os casos as solicitudes de información para buscar indicios de prevaricación ou subornos a cambios de adxudicacións non se traduciron en imputacións. A Pokemon salpicara previamente a outro municipio limítrofe con Pontevedra, Marín, aínda que neste caso en relación a outra das súas patas, a relativa á empresa Vendex, orixe da investigación.

Desde o goberno local de Poio manifestaron tranquilidade á vez que sinalan que a súa prioridade é a colaboración cos axentes en todo aquilo que lles requiran.

Procesamento dunha deputada do PP por prevaricación

Por outra banda, a Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) notificou este mércores un auto no que desestima os recursos de apelación interpostos contra o auto de procesamento da parlamentaria do PPdeG, Soledad Piñeiro, e o exalcalde de Carnota, o popular José Domingo Oreiro, por presunta prevaricación.

A sala dá por bos os argumentos do xuíz instrutor sobre a presunta prevaricación de Piñeiro cando sostén que "é indiferente" que no contrato de traballo inicialmente subscrito pola deputada aparecese o entón alcalde como representante do Concello, pois "foi ela mesma quen asumiu esa posición, derivada da imposibilidade que pesaba sobre o alcalde por un problema de saúde".

O auto sostén que, tras a presentación dunha denuncia pola presunta contratación irregular dunha traballadora, a instrución conclúe, de forma indiciaria, que "o contrato inicial, as súas prórrogas e as modificacións no seu contido, tiveron lugar sen seguir o procedemento administrativo correspondente". "Non houbo por conseguinte nin oferta pública, publicidade dalgún tipo ou suxeición en canto á elección da persoa indicada aos parámetros de mérito e capacidade", indica o TSXG.

Ademais, detalla que Piñeiro non se limitou a asinar aquilo que simplemente se lle presentou, senón que existen "indicios bastantes" que mostran que a súa participación foi "de todo punto activa nesa contratación carente de calquera procedemento administrativo de mínima consideración".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

5 LKI

Queda algún concello dos gobernados polo BeNeGá que non estexa até as orellas de corruptelas? Como é que reaxen os coroneis da U? Pois moi doado: a través dese enxendro autonomista e dereitoso de Nós-CaGa, o BeNeGá emprega a mesma estratexia que CiU en Cataluña: adoptar un discurso esencialista, chovinista e identitario para intentar tapar a súa cada vez maior corrupción.

1 TiKK

Corrupcion a tua coas Black e a estafa de Bankia. O que ti chamas corrupcion dos que non che gustan de momento é só "busqueda de indicios" a ver se aparece algo. Pedir que nos deixedes facer barcos non é ser chovinista ou identidario amigo madrileñista cañí

4 charnenkoutrocobarde

Medo a estar só, medo a quedar sen traballo, medo a ter unha cara tan ben mantida redonda de osito. Viva o MGS como tal que hai algo diferente a UPG. Xaquín sempre serás un cobarde mantido do partido. Non das puntada sen permiso nin fio nin Agulla. Triste que eres un triste.

3 xandasbolas

A partires de hoxe, elimino dos marcadores (favoritos) a Galicia Confidencial. Están máis pendentes de por novas desprestixiando ao BNG, que de informar sobre asuntos máis importantes (solucións aos problemas de Galicia e dos Galeg@s). Dades noxo, hai que falar de información e formación veraz e verídica. Hai que informar en clave de país (recadación e administración dos impostos derivados das actividades económicas que se realicen en territorio galego, inmersón linguistica en galego, solucións para o agro...) Só estades a falar de politiqueria barata e inda por riba poñendo a parir a asociacións e grupos propios da terra, coma o BNG, por exemplo. Ide para o C.

2 A buscar indicios

Que busque que busque e que siga buscando que se está seguro que aparece.

1 comunista independentista

Estas cousas nunca saen nin no Sermóns Paliza nin en Toñito Toleada Galega. E é que a ningún porco lle fede a súa merda.

1 Axudalle ti a buscar

E que queres que saia se xa non é noticia. Esta xuiza leva como dous anos intentando atopar algo. A ver se aparecen os famosos indicios en Poio entón. "Buscar indicios" esa nova figura xudicial. Seguide buscando

2 Chan Güi

Vaia cando abrín a páxina web de Galicia Confidencial efectivamente fedía, por pouco vomito. E mira ti era porque andaba por aquí Comunista Independentista. Agora cando me cheire o ordenador xa sei que non teño que abrir.

3 charnenkoutrocobarde

Medo a estar so, quedar sen traballo (que cho quite a UPG). Viva o MGS para decir que hai algo máis que UPG no UPBNga. Non das puntada sin fio nin Agulla.