Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2024 | Actualizada ás 19:10
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, enviou unha pregunta á Comisión Europea sobre a reforma da lei de medios que quere levar a cabo a Xunta xa que, ao seu xuízo, supón un "incumprimento" do regulamento europeo sobre a liberdade dos medios de comunicación.
Segundo ela, esta lexislación "pretende ter control absoluto da televisión e da radio pública de Galicia" ao eliminar os órganos de participación dos profesionais e abrir a porta ao emprego de linguas distintas ao galego nos medios públicos galegos.
Na súa pregunta, segundo recollen os nacionalistas nun comunicado, Miranda reclama á Comisión que verifique se se cumpre o regulamento europeo recentemente aprobado. Para o Bloque, son "múltiples" as inxerencias do PP nos medios públicos galegos, así como a "falta de pluralidade".
Doutra banda, a eurodeputada sinala que no documento tamén se fai referencia á vulneración da Carta Europea de Linguas Minoritarias, ao contemplar a posibilidade de introducir outras linguas distintas ao galego cando precisamente a normativa galega contempla que sexa o galego a lingua de uso nos medios públicos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.