Cando os Medios solicitan axudas económicas para difundir noticias sobre o territorio, a cultura do país. todo dios entende que son
Medios de Comunicación Social e por iso reciben cantidades enormes de xeito directo e indirectamente vía Publicidade Institucional. Pero cando a avaricia non ten límites, os Medios non contentos con recibir fondos públicos tamén queren extorsionar aos lectores: ou aceptas cookies que venderán os teus datos de navegación ou pagas unha suscrición ao xornal.
A Unión Europea ampara a protección dos usuarios e o dereito a unha Navegación Segura e Libre de Publicidade. Pero agora os Medios decidiron que eles poden establecer as condicións de navegación mediante Muros de Pago ou vendendo a Terceiros os nosos datos de navegación.
Se foran honrados pecharían a porta e só venderían información aos consumidores de pago.
Pero eso resultaría moi perigoso e prefiren explotar a ignoracia da xente para facer negocios.