Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/12/2015 | Actualizada ás 17:00
Os galegos engordarán de media entre medio e dous quilos durante as festas do Nadal, especialmente as mulleres, que alcanzará os 1.59 quilos máis de media. No caso dos homes, a media de incremento situarase en 0.8 quilos.
É o que sinala un estudo realizado polo Grupo NC Saúde, baseándose en datos recolleitos nos últimos 5 anos. Tamén apunta que os habitantes de Ourense ocupan o mellor posto do ranking do conxunto da xeografía española, posto que lonxe de gañar peso nestas datas, experimentarán unha baixada de medio quilo como media, e son os únicos españois que perderán peso durante o Nadal.
Pola súa banda, a poboación da Coruña, Pontevedra e Lugo si aumentará o seu peso en 2.3, 3.51 e 1.28 quilos de media, respectivamente.
Os compromisos, os alimentos novos e o alcol, son o tres principais razóns que propician o aumento de quilos nesta época do ano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.