Feijóo presenta ao PP como único garante do crecemento económico

O líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, sinalou hoxe que "o PP é o único voto seguro para a creación de emprego e o crecemento mentres o resto é un voto incerto que se xoga a unha tómbola ou a unha carambola". Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Carballo | 11/12/2015 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Segundo o mandatario, ata os máis críticos con Mariano Rajoy saben isto debido a que "os resultados dos populares están acreditados". Desta maneira se expresaba o presidente do PPdeG nun mitin celebrado en Carballo onde estivo acompañado pola candidata número seis ao Congreso pola provincia de A Coruña, Margarita Varela, e polo secretario provincial, Diego Calvo.

Feijóo no acto de apertura da campaña das xerais do 20D
Feijóo no acto de apertura da campaña das xerais do 20D | Fonte: @ppdegalicia

Na mesma liña, Feijóo dixo que "o resto de partidos non poden dar a garantía do PP porque nunca o demostraron e non son capaces de dicir como o farían nin con quen".

Pola contra, na súa opinión, o Partido Popular é "o voto seguro da xestión e do mantemento e aumento das pensións, ademais do apoio ao rural e ás xentes do mar."

O mandatario recoñeceu que qwue non todo o que fixeron foron acertos pero si pode asegurar que  os populares "fixeron a maior parte das cousas que debían, superando o mal pasado, mellorando o presente cada día e recuperando un futuro certo para este país".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta