Agora Galiza aposta por un pacto post-eleitoral para recompoñer o espazo da esquerda nacionalista e independentista

Di que non apoia as estratexias “españolistas” de formacións como Podemos, pero tampouco a candidaturas nacionalistas como Nós-Candidatura Galega

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/12/2015 | Actualizada ás 18:11

Comparte esta noticia

A plataforma soberanista Agora Galiza, que xurdiu tras a disolución de Nós-UP, aposta por un pacto post-eleitoral logo do 20D para recompoñer o espazo da esquerda nacionalista e independentista.

Acto de NOS UP o Día da Patria
Acto de NOS UP o Día da Patria | Fonte: diarioliberade

“Cada día que pasa máis convencid@s estamos da urxente e ineludível necesidade de reorganizar a esquerda patriótica galega sobre novos piares pois sen umha ferramenta ampla, plural e de masas no que converjam todas as forzas políticas e sociais que consideramos que sen soberanía nom hai mudanza social, a derrota estratéxica da Galiza e do seu pobo é simple questom de tempo”, apunta nun comunicado.

Así, destacan que as forzas políticas e sociais da esquerda soberanista e independentista “están condenadas ao acordo” para “loitar unidas”. “Sabemos que a partir do día 20 á noite inevitabelmente vam-se producir movementos no seo do nacionalismo de esquerda e que as propostas que o independentismo socialista vén formulando contra vento e marea lograrám maior recetividade”, engade.

Por iso, insiste nun acordo “sólido de carácter estratéxico” para recompoñer o “espazo da esquerda patriótica en base a umha ampla alianza dotada dun programa avanzado”.  “É imprescindíbel recuperarmos espazos comúns de intervençom e mestizagem, pasar da teoría á práctica”.

Agora Galiza suliña que a constitución deste Polo Patriótico ruturista “é inevitábel para podermos reverter as tendencias en curso e evitarmos o triunfo dos planos da burguesia e do imperialismo de converternos nun país escravo, carente de futuro, onde extraer materias primas, mao de obra barata e instalar industrias altamente poluintes”.

Por outra banda, apuntan que non apoiarán a ningunha candidatura o vindeiro 20D porque “os planos assimilacionistas, negadores de Galiza como suxeito político e como comunidade antropológica proseguen até culminar na nosa destruiçom como proxecto nacional”. Así, critica a Podemos pola súa estratexia “españolista”, pero tamén a Nós.

“Sen adherirmos a umha doutrina abstencionista, neste cadro tam adverso para o pobo e para a Patria galega consideramos que na actualidade as tarefas prioritarias son outras, e por iso mesmo Agora Galiza nin presenta candidatura propia, nin adheriu á coligaçom NÓS-Candidatura Galega, nin obviamente dá apoio a nengumha outra das que concorren en 20 de decembro”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Foucelhas

No me gusta mucho la idea, de que aquí, en nuestra tierra, exista un problema tan grave por el cual no se pueda ní reconocer a los rostros de todas aquellas personas que vivíamos en una época dorada de felicidad y de normalidad sin la pandemia del COVID. Todos y todas hacíamos una vida tranquila y acorde con la situación del momento: podíamos salir a a calle a pasear sin la presencia de personas que lo único que hoy pueden decir que nos están violentando e incluso secuestrando a nuestros hijos. No a este nuevo Golpe de Estado.

1 Bruno

Pero estes de Nos- UPG, chupopteros na CIG, non se disolveran? As paredes de vilas e cidades e os sinais de tráfico estarán máis limpas sen eles

1 Foucelhas

Se debería investigar si NOS-UP desapareció o no del espectro político de la izquierda nacionalista, creo que un partido político no se podría disolver sin tener en cuenta ciertos motivos que así lo consideraran grave, aún sigo creyendo que no podría ser así sin reconocer la utilidad del mismo que sirve para fortalecer conciencias y crear nuevas expectativas, ahí tenemos al PSOE con 140 años de existencia, al PNV, (que ya dura bastante) y a todos los partidos políticos históricos que existen en España y que siempre apostaron por no disolverse sino en el caso de que siempre apostaron por su permanencia a toda costa, siempre creyendo en los ideales de ese partido, que siempre han sido fundacionales.