O ex líder da UPG ataca aos nacionalistas que votaron En Marea

“Non me cabe a menor dúbida que algúns miles de nacionalistas conscientes non tiveron o menor escrúpulo en votar unha candidatura que non o era, simplemente por acreditar en que insería a suficiente dose de galeguismo na enxurrada poliédrica, televisiva e española de Podemos”, apunta. Acusa a En Marea de utilizar a “confusión e a trapallada”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/12/2015 | Actualizada ás 17:36

Comparte esta noticia

A UPG segue sen facer autocrítica dos resultados acadados polo coalición impulsada polo BNG nas pasadas xerais, Nós-Candidatura Galega, ou, cando menos, algúns dos seus dirixentes. Os culpables, como noutras ocasións, seguen sendo outros, especialmente, Xosé Manuel Beiras, Podemos, as televisións españolas e "algúns miles de nacionalistas”.

Xosé Manuel Beiras, líder de Anova, e Francisco Rodríguez, líder da UPG, cando os dous compartían militancia no BNG
Xosé Manuel Beiras, líder de Anova, e Francisco Rodríguez, líder da UPG, cando os dous compartían militancia no BNG | Fonte: Kopa

E é que o ex secretario xeral da UPG e actual membro do seu Secretariado Político, Francisco Rodríguez, a forza hexemónica e dominadora do BNG tras a escisión de Amio, acusa directamente aos nacionalistas que deron o seu apoio a En Marea “conscientes que non tiveron o menor escrúpulo en votar unha candidatura que non o era, simplemente por acreditar que inxectaba suficiente dose de galeguismo na corrente poliédrica, televisiva e española de Podemos, a máis eficaz para acabar con Rajoy e rexenerar o sistema, segundo a oratoria do seu carismático líder".

“Demoledor”. Ese é o título do artigo que Rodríguez publica en Terra e Tempo, a web da Fundación Bautista Álvarez. Demoledor porque, como moi ben di o histórico dirixente do BNG, “non vou facer grandes análises. Moito menos recorrer a xustificar uns resultados demoledores, inesperados para min na súa contundencia. Simplemente, polo de agora, vou sinalar algunhas evidencias”.

Sinala Rodríguez evidencias, pero non autocrítica porque, suliña que os problemas e as limitacións do BNG “eran previos” e teñen a ver coa ruptura da unidade do nacionalismo galego e coa conxuntura política no Estado español. “Respecto da primeira cuestión, parece claro que, de térense presentado unidas as distintas formacións que se autoproclaman  nacionalistas, habería opción a obter representación no Congreso, malia for de forma moi axustada”.

Respecto da segunda, Rodríguez ataca directamente a Xosé Manuel Beiras. “Cómpre aclarar, máis unha vez, cuestións evidentes que, continuamente, se pretende agochar por parte de quen, en nome de Galiza, se dispuxo a favorecer un deseño de reformulación do sistema de partidos para o réxime recuperar a lexitimidade social en crise. O argumento fundamental, non o esquezamos, é que Galiza, por si, non é capaz de expresar unha vontade política suficiente para facerse valer. Necesitamos apoiarnos en forza allea”, apunta en alusión ao pacto de Anova con Podemos.

Xabier Vence e Francisco Rodríguez
Xabier Vence e Francisco Rodríguez | Fonte: X.A.

De feito, Rodríguez vai máis alá e acusa a Beiras de ter contribuído á “confusión" e "agravar a debilidade electoral do nacionalismo" ao "favorecer a aplicación do deseño españolizador" ao apostar pola fórmula En Marea.

O líder da UPG xustifica, como xa o fixeron outros dirixentes do seu partido, que o efecto Podemos non só afectou a Galicia, senón a Cataluña e Euskadi, é dicir, ás nacións sen estado. Un argumento que serve para xustificar que o fracaso do BNG non é único e “a cousa é seria”.

Ademais, desacredita a fórmula de En Marea ou podemos porque, di, “usa un recurso vello en forma desconsiderada: a confusión, a trapallada”. Neste sentido, critica que queiran formar un grupo parlamentario propio  porque “o que hai na realidade é unha coaligazón de partidos, Podemos, IU e Anova. Non outra cousa. Os deputados e deputadas eleitas a eles pertencen”. “É máis, o Ministerio do Interior, non sei se el tamén trapalleiro, informando nas súas páxinas oficiais sobre as Eleccións Xerais 2015, deixa claro que, na Galiza, a candidatura vai encabezada por PODEMOS, sen nada máis antes que teña valor xurídico ou legal algún”, engade.

Finalmente, Rodríguez, a pesar de recoñecer as dificultades que atravesa o BNG é contundente; “non nos deixemos arrombar por esta difícil e complexa conxuntura”. No seu artigo, deixa claro as dificultades que existen pero amósase distante a unha posible coalición con Anova, Podemos ou EU, a pesar dos malos resultados do BNG e a pesar de que se se repiten nunhas autonómicas o Bloque quedaría sen representación na Cámara galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 69 comentarios

9 vexo a tele...logo existo

É a opinión persoal de Paco, unha opinión moi digna. Contabame un ex alumno do novo Mesias Pablemos, que nas suas aulas criticaba o tercer posicionismo que practica agora coma fascismo. Indudalemente o tercer posicionismo é fascista, ainda que demais de Hitler, Mussolini, Rosa Diaz ou Perón, foi practicado tamén por Chavez, indudablemente o coletas non é Chavez, senon un peón das grandas mafias banqueiras e oligarcas e os seus tratados de libre comercio e TISA, que lles prestan os medios da sua propiedade. Se coma di o coletas, para ser partido hexemonico non podes anclarte na esquerda e nacionalismo, senon tes que difuminar o eixo politico, leevando connosco a republiiCANS expañoois ultraaadereitistas...pois para esa viaxe cos Syriizos non se precisan akforxas. Prefiro ser un refferrente util pra Galiza que centos de milleiros de moscas gostosas da melda.

1 refferrente do bla, bla...

As palabrerías hai que tomalas de onde veñen. Así, cando fala un criado de Amancio Ortega, o mesmo comentarista exaltado que defendía o maior explotador do século XXI, pois seica estaba feito "dunha pasta especial", xa entenderedes que tanta teoría resesa e revolución de boca para fóra fica en babosada dun servo, a que lle permite o seu amo e señor. Entendo que ao sistema, e aos seus lacaios, tanto o comentador vociferante como o Paco (a raiña do aparato), tema ante novas formas de expresión política, pois estaba todo atado e ben atado, e os falsos revolucionarios sentíanse cómodos no seu papel de progres marxinais, sabendo que eran simples lacaios do poder establecido.

8 Chachopeñaloza

Pois iso, si algunha remota posibilidade tiñan de ser galegos os milleiros de votantes UPBNG que deixaron de votarlle, ágora xa que non teñan nin esperanza. Os que votaron ainda poden soñar con ser galegos. Os militantes seguirán en continua cuarentena ate ser elexidos posibilidades esta remota. Os elexidos continuaran en permanente observación non varían a crearse que son elegidos. Paco único galego si non decide morrer ou autoexpulsarse.

7 Thor

Está bastante ben como inocentada. Incluso uns cantos entran ao trapo.

6 nostrus

¿Confusion y trapallada?, pero si este es el terreno que gusta al nacionalismo.

5 Gamela

Demoledor, efectivamente, coma sempre, Paco envellece mal, moi mal, contundentemente mal... Ao mellor se lera esta TESE DOUTORAL igual comprendía o que todos temos diante dos ollos (agás il, dono e señor da UPG) http://www.eldiario.es/galicia/prim... Non hai peor cego que o que non quere ver!