"Hoy comamos y bebamos..."

“Hoy comamos y bebamos y cantemos y holguemos que mañana ayunaremos...” Juan de la Enzina poeta y músico. Fermoselle, León 1468-1529”

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 31/12/2015

Comparte esta noticia

Estamos no Nadal e a piques de empezar o 2016. Na rúa saudámonos e desexámonos todos un feliz e mellor ano co vivido. Mais tamén somos sabedores de que, o feito de encetar outro ano,   pouco vai a afectar  no colectivo das nosas vidas.

Pero con todo, sabedores de que a rutina forma parte da nosa acontecer diario, sin dedilo, sempre esperamos que algo troque  a mellor no ciclo  novo que empeza. Mais con todo o dito anteriormente, os antecedentes que levamos ás costas, indican que todo será semellante o que deixamos atrás. A crise económica  será aínda moi  evidente. Polo que, a precariedade laboral, seguirá campando  nosa sociedade galega e  en particular a ourensá, que seguirá esmorecendo.  A incertidume política actual,  veremos como se resolve e se non hai que volver a votar cara abril ou maio.

Con todo, o paro, o fraude fiscal e o mantemento da  seguridade social,  serán  asuntos sen arranxar  que traerán no futuro mais incertidume. E así, unha ristra de problemas de importancia para a toda a nosa  sociedade.

Vivimos tempos de incertidume política que poden ser o preludio de cambios sociais un tanto incertos. Vivimos tempos, nos que a nosa sociedade non é capaz de  soltar o lastre de séculos de “picaresca lazarillana” onde cada día o común perde espazo fronte ó desmesurado individualismo e o ego personalista. E, se a iso lle sumamos á ambición humana desmesurada e toda a corrupción que leva consigo, acontécenos que  socialmente actuamos  como no conto  do zorro. Pois, deste animal tan ferrnso como avispado, dise que pode perder o rabo, pero non as mañas. E iso está cravado nos xenes da nosa  humana condición.

Isto que digo queda confirmado despois de ver o listado de puferos  á seguridade social.

Empresarios a esgalla; ex banqueiros que presentaban, hai un tempo, un partido para rexenerar España e sacarnos da crise, ou outros que falaban de recortar os salarios e sobre todo traballar máis; deportistas que se envolven na bandeira española cando gañan un título e clubes deportivos que levantan paixóns demesuradas, e agora resulta que  son os que máis defraudan. Diría eu, son os que rouban ás arcas do Estado máis de 15.000 millóns de euros;   sen sumar o que deben os que  non pasan dun millon  á seguridade social. En fin, logo desto, a pregunta está servida: quen paga impostos neste Estado? Quen paga a seguridade social? Pois, así de sinxelo:  a gran masa social que ten un salario cativo de menos de 1000 euros e á que, cada día, se lle reduce o poder adquisitivo. Mais, na campaña electoral disto apenas se falou. Na campaña case todos  prometeron o ouro e o mouro, sabedores do imposible de tales ofertas.

Por iso remítome o texto da fermosa cantiga de Juán de la Encina que  emcabeza este artigo.  Polo que, todos os  problemas deste Estado, veñen de  moi lonxe. E ó meu xuizo soamente se empezarán a arranxar  cando se instaure unha nova ética individual e colectiva. Feliz 2016 para todos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com