CxG, dividida entre apostar pola marea ou camiñar en solitario

Compromiso reproducirá o vindeiro 23 de xaneiro, en parte, o debate que xa tivo antes dos comicios. Na Executiva desta fin de semana as posicións estiveron encontradas. Rafael Cuíña considera xa "inevitable" esa confluencia.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 15/01/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Compromiso por Galicia volve estar ante un gran dilema; camiñar sós as eleccións autonómicas ou integrarse en coalicións electorais de amplo espectro, nomeadamente, a que se promoven desde as mareas.

Acto de pegada de carteis de Compromiso por Galicia
Acto de pegada de carteis de Compromiso por Galicia

Será o vindeiro 23 de xaneiro cando o Consello Político Nacional decida o rumbo que vai coller esta formación política nacionalista. Enriba da da mesa hai un documento que apoian, entre outros, o ex senador co BNG, Xoán Manuel Pérez Bouza; o líder de CxG e concelleiro en Outes, Manuel González ou o ex candidato de CxG ás Eleccións ao Parlamento Europeo, Paulo Carlos López.  Un documento que aposta por unha confluencia con outras formacións, nomeadamente as mareas, nunha gran candidatura popular.

Precisamente, ese debate xa tivo lugar na Executiva que se celebrou o pasado sábado. Alí houbo voces a favor e en contra. O actual líder de CxG, Xoán Báscuas, e outros membros da Executiva rexeitaron esa posibilidade, e insistiron, segundo as fontes consultadas, en que Compromiso ten que manter unha liña propia de actuación. Outro peso pesado da formación, Rafael Cuíña, alcalde de Lalín, que durante as pasadas xerais participou nalgún acto con Nós-Candidatura Galega, recoñeceu que “é inevitable” a confluencia de CxG con En Marea.

“É certo que hai xente que desexa xa que CxG comece no proceso de confluencia de En Marea. É unha extensión do debate da convención anterior”, sinala Báscuas en declaracións ao GC. “É posible que CxG teña que dar un debate semellante a aquel pero como é preceptivo a última proposta tena a afiliación, como foi sempre”, engade.  Refírese á xuntanza que houbo hai un mes, na que CxG tivo que decidir se renunciaba ir ás xerais, ír nun pacto co BNG na candidatura Nós ou con En Marea. Finalmente, triunfou a primeira opción que era a que defendía o propio Báscuas.

Por iso, aclara; “esa xuntanza –o Consello Político Nacional-- pode marcar un rumbo pero será a afiliación quen decida finalmente porque esta no é unha formación de corte clásico cando a dirección di o que se vai facer cun báculo. Aquí é a militancia quen manda”.

Xoán Báscuas nas primarias de Compromiso por Galicia
Xoán Báscuas nas primarias de Compromiso por Galicia

Confluencia

Pola súa banda, Manuel González, en declaracións a GC suliña que “hai varias persoas que queremos que se dea un debate e tratar de reconducir o proxecto de CxG e achegalo ás mareas mantendo a autonomía de CxG como forza política”.

De feito, nun artigo publicado no GC, González di que “é momento de realizar unha aposta decidida por sumar o seu capital político e o seu acervo ideolóxico a ese suxeito en construción nucleado pola Marea”. “Negar que iso significa facer concesións na nosa práctica política e tamén concesións ideolóxicas sería negar o evidente. Pero non tomar esa decisión sería ignorar o que, gústenos ou non, nos vén dicindo a sociedade dende que nacemos até hoxe”, engade.

Neste sentido, lembra que no ámbito municipal, as sinerxías e a compatibilidade coa Marea “é practicamente plena”. Alí onde CxG ten alcaldía (Vilar de Santos, Lalín e Muros) e onde obtivo un resultado superior ao 20% (Maceda, Outes e Ourol) Compromiso non competiu coa Marea e “percibiuse como a alternativa ás forzas políticas clásicas. “Evidentemente a compatibilidade é plena alí onde o partido ou a nosa afiliación se presentou en fórmulas plurais asimilables á Marea como en A Coruña, A Pobra, As Pontes, Culleredo, Lugo, Noia ou Sarria. Tamén o é na maioría dos concellos onde nos presentamos pero non obtivemos representación”, reflexiona.

Iván Marrube e Miguel Barros

Nos últimos días, Galicia Confidencial, a través da súa sección GCAberto, publico dous artigos de opinión de destacados militantes de Compromiso defendendo puntos de vista diferentes. Así, mentres o ex candidato de CxG en Lugo, Iván Marrube apostaba por unha confluencia coas mareas, o ex candidato por Vigo, Miguel Barros, insistía en manter a personalidade propia da formación.

“Compre sen demora, dar un xiro decidido, marcar xa novas coordenadas,  dirixir o barco de Compromiso cara unha integración na flota da marea e remar de forma útil para un cambio de goberno no País”, indica Marrube. Pola súa banda, Barros di aposta por “afrontar os custes de teorizar a moderación como forza autónoma ou ben diluírse nas organizacións do nacionalismo clásico cuxo útero ideolóxico aínda non abandonamos”.

Iván Marrube con Xoán Báscuas nun acto de Compromiso
Iván Marrube con Xoán Báscuas nun acto de Compromiso | Fonte: comprimos.gal
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

5 eusi

Xoanciño virá de novo con mais mentiras? Como se atreve este pelele a criticar ás demais formacións despois de mentirlle vilmente á sua militancia nas primeiras conversas con Anova? E o pior é que o manteñen aí! Será precisamente porque non teñen a ninguén mellor, e así vai o cotarro.

1 Froilão

Como? Que Cuíña di que xa non obedecerá a UPG?? Oh...!!

2 ti tamen bruto?

Vaia nivelasao, o teu. paspan, antes de insultar saca a pinga expañolista da boca, piñeirista 2.0 de medio pelo..

3 Froi

Falas comigo ou con eusi? Non quero faltarlle a ninguén, limítome a celebrar que a UPG deixe de dirixir o que quedaba de nacionalismo galego. Espero que eses que se van do seu controle tomen boas decisións.

4 Teimando na estulticia.

Gran acertó dos servizos de intelixencia da II Transici'on do rexime borb'onico en desartellar o nacionalismo gallego a vez que criminaliza o novo independentismo galego.. A estulticia e o oportunismo definen a política galega actual, onde coma o lixo sen reciclar van xuntos en montes e Mareas o pijerio dos Cuñas boys coas ghedellas da lumpen neo hippie perroflauta, o entrismo dos trotskistas do Morrasso cos republicanos franquistas de Garcia Trevijano e polo medio unha burguesa veciña do marqués da Reboirana na exclusiva Moraleja compostelana da av. de A Coruña que afirma sen rubar, que Galiza non ten problemas de identidade, insultando as mulleres da clase operaria, e omnipresente o filo fascista tercer posicionista de amplo eixo político, Pablemos, presidindo a mesa cos apostolos Mareantes de testemuñas de pedra. O populismo e a estulticia que apeas disimulan a pior xestion da historia dos concellos Mareantes.

1 eusi

Limpa xa o babeiro que está cheo. E despois xa sabes, a pastilliña prá cabesa e a durmi-la mona un rato

3 xan

un organismos de la xunta de medio rural ,al personal se le paga el café comprado en un famoso gran almacén. A ver si aqprendéis. Así funciona agencia de desarrollo. Esto no es podemos

2 24 anos

Non podo acreditar que o líder de CxG, Xoán Báscuas, quera retornar ao vello BNG. Unha organización na que se atoparía con situación políticas como esta que se pode describir: "César Mosquera Lorenzo, Deputado provincial e concelleiro en Pontevedra desde hai 24 anos (Dato sacado da propia web da Deputación de Pontevedra). Unha situación, contraria aos estatutos do propio BNG, que tantos consinten co seu silenzo cómplice. Pura vella política. A pregunta: queren os de CxG ou Báscuas estar nunha organización na que algún so seus líderes poda estar, como César Mosquera, 24 anos en cargos públicos?

1 sesese

Que mais dan a siglas as ideas e os principios , o caso e sacarse un puesto. Todos con pablito