Premio para as oliveiras e aceites 'made in Galicia'

Un libro sobre o oliveiral galego, premiado nos 'Gourmand Wordl cookbook', considerados como os "Óscar" dos libros.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 16/01/2016 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

O libro sobre o oliveiral galego, "Aceites e Oliveiras de Galicia", foi premiado nos considerados "óscar da gastronomía", co premio dos 'Gourmand World cookbook", como mellor libro en galego, pola súa historia sobre o aceite e as oliveiras neste país.

Burro tirando dun muíño de Aceite de oliveira galega en Quiroga
Burro tirando dun muíño de Aceite de oliveira galega en Quiroga

O libro do fotoxornalista Xurxo Lobato, patrocinado por Aceites Abril, foi tamén nomeado para a final da "Gourmand Best in the World Competition" nas categorías de Mellor Tradución e Mellor Fotografía.

A empresa ourensá iniciou hai unha década o proceso de recuperación do oliveiral galego. A través das páxinas desta publicación, o obxectivo é "converter á comunidade autónoma nun referente no mundo da oliveira" e así "situar" non só a "Galicia no mapa, senón tamén a Aceites Abril" en China.

Segundo indicou a empresa nun comunicado, a resolución final de ambas as seccións, na que participaron publicacións procedentes dun total de 209 países, daranse a coñecer o 28 de maio de 2016 na gala de entrega dos premios 'Best in the World', convocados anualmente polos Gourmand Award, que terá lugar en Yantai, principal porto importador de China e considerado como a capital do viño e da gastronomía deste país.

Tras coñecerse a resolución, a directora de Mercadotecnia de Aceites Abril, Elena Pérez Canal, dixo que o libro permite "coñecer a orixe e a tradición oliveiral en Galicia, ademais de constatar que existe unha produción de aceite de gran calidade".

Oliveira da variedade 'galega extra'
Oliveira da variedade 'galega extra' | Fonte: GC

Pola súa banda, Lobato destacou a súa "satisfacción" por un novo galardón. É a terceira vez que é premiado nos Gourmand World Cookbook Awards.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xosé

Despois de ler a nova a ver se me explicades, por favor, onde está o "premio ás oliveiras e aceites" do que fala o titular...