Vence deixará a portavocía do BNG na asemblea de febreiro

O actual portavoz nacional aposta por unha dirección "nova" e que se abran conversas con outras forzas para unha gran alianza electoral de cara ás autonómicas. Unha postura que choca directamente coa da UPG, favorable a ir en solitario.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/01/2016 | Actualizada ás 15:53

Comparte esta noticia

O voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, acaba de abrir un novo debate no Bloque Nacionalista Galego logo do anuncio da súa marcha na Asemblea Nacional que terá lugar en febreiro. Unha marcha que supón, con toda probabilidade, que o vindeiro portavoz nacional sexa militante da UPG ou moi próximo a esta formación.

Vence presentando a lista do Bloque en Avión
Vence presentando a lista do Bloque en Avión

Vence é, xunto cos independentes e o colectivo Abrente, dos que se posicionaron nas últimas semanas a favor de abrir espazos de confluencia con outras formacións, sobre todo, as mareas, para concorrer xuntos ás autonómicas deste ano. Unha posición que o enfrenta, directamente, coa UPG, a formación dominante do Bloque, que insiste en acudir en solitario a estes comicios, a pesar de que corre o risco de desaparacer da Cámara galega se se repiten os resultados das xerais.

O aínda portavoz nacinal do Bloque aposta porque desa asemblea saia unha "nova direción" que aposte por unha estratexia política que "abra o diálogo con diferentes forzas políticas para sumar".

"Como portavoz nacional teño que transmitir que dentro do BNG, neste momento, encima da mesa hai diferentes visións de como abordar esa cuestión", suliñou. "Iso é o que se está debatendo, nese debate cada un temos propostas persoais concretas", sinalou o portavoz nacional, que avanzou que el aposta por "unha estratexia que abra o dialogo con diferentes forzas para sumar" e desta forma conseguir unha alternativa que poida darlle a volta á situación política en Galicia para "consolidar políticas diferentes".

Nese cambio, defendeu que o "nacionalismo" debe ser unha "pata fundamental". Así mesmo, subliñou que o obxectivo da totalidade da militancia é que o BNG sexa visto "como unha alternativa útil" para atopar solucións aos problemas perentorios da sociedade e defender autogoberno.

Xabier Vence e Francisco Rodríguez
Xabier Vence e Francisco Rodríguez | Fonte: X.A.

O seu anuncio chega logo do Consello Nacional que se celebrou este sábado e que, segundo as fontes consultadas, foi tenso, xa que nel se reproduciron os debates que xa se deron na Executiva e en distintas asembleas comarcais a favor ou en contra de que o Bloque vaia coaligado con outras forzas. Un debate no que a voz da maioritaria UPG, e dos excindidos desta forza, Movemento Galego ao Socialismo, en contra deste pacto, é maioritario.

O propio Vence remitía aos militantes unha misiva na que os instaba a ser “atrevidos” nas Autonómicas para superar os problemas actuais do BNG. Así, animábaos a debater sobre o futuro da formación frontista lembrando que “as solucións que xa se comprobaron reiteradamente que non funcionan é moi probábel que tampouco funcionen no futuro”.

En declaracións aos medios de comunicación durante o Consello Nacional, Vence asegurou que da próxima asemblea "ten que saír unha dirección nova" que "saque adiante" as resolucións ás que se cheguen neste encontro.

"No Consello Nacional estamos a acordar a convocatoria dunha asemblea nacional importante que se dá nun momento crucial e crítico para o futuro do proxecto nacionalista", asegurou para explicar que nela se debaterá "a estratexia do nacionalismo de cara ao futuro", "cuestións organizativas" e faranse "reformulacións a todos os niveis".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 37 comentarios

17 MAHOMETANO

2, O problema do nacionalismo patrio-galego, e o exceso de chiringuitos comunistas e filocomunistas, que á sua vez se pretenden ampliar criando arredor seu frontes, bloques e todo o que for preciso para reproducir un modelo teorico amplamente superado e baseado nunha mentira historica como é a de que nos somos unha colonia de españa, e polo tanto precisabamos dun movemento de liberacion nacional.

1 MAHOMATA-NO

3. os que seguen a acreditar nesa tese, que seguramente son moitos, pois seguiran no BNG ou en ANOVA (que é coma un BNG mais pequeniño co seu proprio partido-guia), e esas formulas pois dan para o que dan. Cando ao BNG lle quitas a Beiras, pois queda reducido (ou vai caminho de) ao que era nos anos 80: tres deputados no parlamento galego, unhas cantas alcaldias e para. E a ANOVA se lle quitas o potencial eleitoral de Beiras é literalmente nadinha.

2 eueu

E os do PPsoe sácaslle as financiacións ilegais durantes decenios, as axudas multimilllonarias das empresas que reciben concesións públicas, os medios de comunicación "libres" e "plurais"...e que queda? Perder mais de 6 millons de votos en enriba din que gañaron: hai que estar aí sexa como sexa para defender aos de sempre, aos que valeiran as arcas públicas

16 Moa

Vai marear a outro Vence. Vai mirar pra moa.

15 MUSULMAN

isto é un amio dous, e ademais e como debe ser, o BNG vai ser a UPG (un partido comunista) ampliado con filocomunista, o BNG. Non é nada malo, e a vida, tenhen o seu discurso e seguiran tengo representacion, mais reducida, nada mais. Cal é problema? Un protestante non se fai catolico pq esta fe tenha mais seguidores...

1 Inculto

Aspira a partido único, si che parece pouco problema. Musulmán en Austzwich era a denominación que lle daban aos reclusos mais miserentos pois como método de control os SS aplicaban a atomización nas relacions entre prisioneros; como sempre fixo o partido na frente.

14 Panxea

En Pontevedra manda Paco, sempre estades decindo que e un lugar upegueiro raro pero non e así. Cando ganaron a alcaldía tiñan a Bautista so sentado no cuarto adxacente ao das noraboas e comprobación de resultados, esperando a que se foran para casa dunha vez os inocentes militantes e simpatizantes tan molestos cando non fan falta.

1 A6dr

musulman: 1, practicante da relixión mahometana... e tal. Nas distintas acepcions do diccionario non atepei a de miserento por nengures.

13 Líderes eternos

Durán i Lleida vaise despois de estra 29 anos ao fronte de Uniió Democrática de Catalunya. Son os memos e longos 29 anos (casé tres décadas) que leva Fernández Lores mandando no BNG de Pontevedra. Xa é hora que colla igual camiño de Durán e máis tamén o Xavier Vence.

1 Bértoa

E canto leva Evencio en Carballo? Pois desde 1979. Bota ti a conta que eu non sei contar ata tanto

2 Trocomotoxo

Bertoa se non sabes contar iso é que eres máis curto que 1 centímetro. Es ti o que o dis que quede claro.