Faro de Vigo carga contra Podemos e algúns nacionalistas

O diario do coñecido Grupo Moll publica este domingo unha editorial política, algo moi pouco frecuente nel. Faro de Vigo critica “la superficialidad de los nuevos tiempos políticos” y, en particular, varias das actitudes dos novos diputados de Podemos nas Cortes.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/01/2016 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

“Al Congreso llegaron diputados en bicicleta, como a una marcha cicloturista. Otros acompañados de fanfarrias, como acceden los toreros a la plaza. Las fotos las acaparó el bebé de la gallega Bescansa plantado en el hemiciclo como reivindicación feminista, un guiño nada original aunque quienes lo promueven pretendan erigirlo en el colmo de la frescura. Ya hubo diputadas que lo hicieron en 1991”, posiciónase a cabeceira do Grupo Prensa Ibérica.

Javier Moll, propietario do grupo que controla Faro e La Opinión
Javier Moll, propietario do grupo que controla Faro e La Opinión

Faro de Vigo, e o seu compañeiro de grupo en Galicia, La Opinión, son considerados como cabeceiras tradicionalmente máis próximas ao PSOE que ao PPdeG. De feito, o diario olívico mantén unha boa relación coa alcalde Abel Caballero.

Na editorial de hoxe non toma partido por ningún dous dos actores do bipartidismo, pero carga tanto contra varios dos seus rivais. Arremete tanto contra a formación de Pablo Iglesias como contra os nacionalistas, aínda que sen citar aos galegos. Si critica ao novo presidente da Generalitat, por non xurar fidelidade a El Rey ea Constitución por liderar “un gobierno trilero” que ampararía a corrupción e os que buscan cambiar o sistema. 

A editorial chega no mesmo día no que Faro publica unha entrevista co presidente da Xunta. Alberto Nuñez Feijóo fuxe de novo de confirmar de ser vai ser candidato nas autonómicas e mete presión ao PSOE para que acepte a chamada ‘gran coalición’. Pacto PP máis PSOE que, tendo en conta a editorial deste domingo, tamén parece ser a aposta deste grupo, un dos máis importantes en España no referido a prensa local.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

7 rianxo

que nos devolvan os cartos que nos estan roubando a tódolos galegos, pandilla de chourizos

6 eusi

Caramba: víronlle as orellas ao lobo! É o momento de ir a por estes vaciadores das arcas públicas e afogalos de vez para poder investir eses milleiros de millóns que reciben por todos os lados.

5 El Capitán Trueno

Si es que es normal... dado el papelón circense de alguno de diputados de Podemos. Los miembros de ese grupo, talluditos o no, todavía parecen estar en esa edad en la cual en la cual el narcisismo y la desvergüenza están por encima del respeto y la dignidad.

1 Pepópterus Funk

Si, parece incrible que non lles guste derrapar diante dun bo grupo de chonis guapas aplaudíndolles. Ademais ao mellor tamén podía estar túa irmá e os de Podemos podían levala dar un volta ou derrapar en círculos que é o que máis lles gustaba pero agora non lles deixan (facer os círculos, derrapar seguro que non porque contaminan e son moi ecoloxistas; ademais non teñen coches para derrapar porque andan en bicicletas).

4 entendo

xa está pedindo o voto para os pepeiros ?

3 John McNamara

Tranquis, os medios non condicionan. Asina: Un crítico do BNG.