Temas: EQUO ELECCIóNS

EQUO Galicia baralla posibles opcións para as eleccións autonómicas de 2016

A formación verde non descarta concorrer en solitario ou facelo nunha gran coalición de partidos como a do 2012 cando foi con AGE.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/01/2016 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

EQUO acaba de convocar a súa xuntanza ordinaria na que que valorará o escenario político e as opcións para os comicios galegos. Hai varias posibilidades, entre elas, ir en solitario ou apoiar a unha gran coalición de partidos de esquerdas, como xa fixo en 2012, cando se integrou en AGE.

Rolda de prensa de Equo Galicia con Carlos Ferreño, Fernando Rodriguez Lopez, Rosa Rodríguez Sales, Serafin Valencia Triviño e Oscar Milego Fernandez
Rolda de prensa de Equo Galicia con Carlos Ferreño, Fernando Rodriguez Lopez, Rosa Rodríguez Sales, Serafin Valencia Triviño e Oscar Milego Fernandez

A xuntanza terá lugar este sábado 23 de xaneiro en Santiago de Compostela e nela realizará unha planificación das actividades de 2016. Un dos obradoiros está deseñado para que se traballe en dúas áreas temáticas. A primeira delas é a das futuras Eleccións Galegas de 2016, xa que teñen xurdido distintas propostas dentro da organización política . O obxecto é debater cal pode ser a proposta máis axeitada, e propoñer un itinerario para a súa aprobación e posta en marcha se procede na asemblea da tarde.

A segunda área temática do obradoiro centrarase na planificación deste 2016, explorando alternativas que axuden a medrar e consolidar a estrutura da formación política e a súa marca no país.

Pola tarde, terá lugar a Asemblea Ordinaria coa orde do día establecida: aprobación das contas de 2015, memoria de actividades, informes da Mesa Nacional, postura ante as eleccións autonómicas de 2016, planificación e estratexia para 2016, como principais puntos.

Temas: EQUO ELECCIóNS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta