Temas: CAUSA GALIZA

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra a ilegalización de Causa Caliza

Piden que se levante a suspensión das actividades políticas desta organización e denuncian o “processo de fascistizaçom do regime espanhol”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/01/2016 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Centos de persoas maniféstanse este domingo en Santiago contra a suspensión de actividade de Causa Galiza, decretada polo xuíz da Audiencia Nacional Eloy Velasco, baixo o lema “Polos direitos civis e políticos para todas. Nom à ilegalizaçom de organizaçons políticas”.

Manifestación en contra da ilegalización de Causa Galiza
Manifestación en contra da ilegalización de Causa Galiza | Fonte: @Causagaliza

O músico e cantautor Baldomero Iglésias, Mero, membro no seu dia do grupo Fuxan os Ventos e, na atualidade, do grupo A Quenlla, foi o encargado de ler un comunicado no que defendeu tanto a actividade de Causa Galiza como a doutros movementos que están "demonizados e castigados" polo Goberno.

Neste comunicado, expresouse a solidariedade dos presentes coas nove persoas detidas na Operación Jaro e se esixiu o levantamento das suspensión das actividades políticas a Causa Galiza por dous anos. Tamén se denunciou o “processo de fascistizaçom do regime espanhol” por criminalizar aos grupos independentistas.

Durante a marcha, escoitáronse múltiples consignas, como "Defender a terra non é delito", "Audiencia Nacional, tribunal fascista" ou "Solidaridade con Causa Galiza".

Anova Irmandade Nacionalista rexeitou nun comunicado  a ilegalización de Causa Galicia e asegurou que sempre estará "a favor da defensa dos dereitos civís, entre eles o de liberdade de asociación e organización política".

Temas: CAUSA GALIZA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

6 xeira jajaja

Onde estaba Xeira?

1 Undonorte

Estaban preocupados por extender a revolución vegana no mundo. Cousas de niñatos españois.

5 Fartodehipócritas

Iso de que defender a terra non é delito ou defender a língüa non é delito… pois depende como se faga. Non dispoño de información contrastada das razón da ilegalización de Causa Galiza, pero sí que puiden comprobar en primeira persoa (aínda que non participei) o que aconteceu na famosa manifestación de Galicia Bilingüe, motivo polo que fíxose coñecido o “slogan” do da língüa. Vin a moitos nenos chorando e moi asustados polos berros, insultos e ameazas das persoas que pretendían reventar a manifestación e “defender” a língüa. Con anterioridade houbo xente que queimou rodas e contenedores de lixo, ademáis de agresións a policías e disturbios polas calles da cidade. Fai uns meses foron xuzgadas algunhas persoas que participaron nesas actuacións e creo que un deles era dirixente de Causa Galiza. Se o modo de defender as causas nas que creen é xustificando, defendendo e promovendo a violencia, non deberían ter cabida nunha sociedade democrática.

4 Incontinencia Suma

Os de Causa Galiza son uns disidentes, o que mola é Motivo Galego.

3 Pendelho

Onde estaba a gente de ANOVA e da FPG?

1 comunista independentista

Estiveches a pasar lista? És PPolicía? Ou cateaches as opos para madero coma o Suma do MGS?

2 xabarínclub

Hahaha, que andades a controlar todo o que inclúa o nome da vosa organización de 50? Se en lugar de utilizar como único argumento "es un madero" á xente que vos fai unha crítica traballarades máis e falásedes menos recibiriades menos hostias e non estaría na vosa contra o 90% do independentismo galego. Que pases un bo día tomando o ceo por asalto a través do facebook, troll :)

3 corrector de chovis

Para policía xa está o sonderkommando Chovi, ainda que desta volta non puidemos contar coa súa presenza na manifa. E ainda que acudise non conta como persoa, se non como alimaña parapolicial que provee as comisarías e os grupos de dereita de nomes e filiacións de forma pública na rede. O seu perfil habitual en GC é "comunista independentista" e na súa organización, ben máis repetable do que el, deberan aplicarlle un severo correctivo.

2 Que si que si

Que fora Lores JA JA JA