Temas: CAUSA GALIZA

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra a ilegalización de Causa Caliza

Piden que se levante a suspensión das actividades políticas desta organización e denuncian o “processo de fascistizaçom do regime espanhol”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/01/2016 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Centos de persoas maniféstanse este domingo en Santiago contra a suspensión de actividade de Causa Galiza, decretada polo xuíz da Audiencia Nacional Eloy Velasco, baixo o lema “Polos direitos civis e políticos para todas. Nom à ilegalizaçom de organizaçons políticas”.

Manifestación en contra da ilegalización de Causa Galiza
Manifestación en contra da ilegalización de Causa Galiza | Fonte: @Causagaliza

O músico e cantautor Baldomero Iglésias, Mero, membro no seu dia do grupo Fuxan os Ventos e, na atualidade, do grupo A Quenlla, foi o encargado de ler un comunicado no que defendeu tanto a actividade de Causa Galiza como a doutros movementos que están "demonizados e castigados" polo Goberno.

Neste comunicado, expresouse a solidariedade dos presentes coas nove persoas detidas na Operación Jaro e se esixiu o levantamento das suspensión das actividades políticas a Causa Galiza por dous anos. Tamén se denunciou o “processo de fascistizaçom do regime espanhol” por criminalizar aos grupos independentistas.

Durante a marcha, escoitáronse múltiples consignas, como "Defender a terra non é delito", "Audiencia Nacional, tribunal fascista" ou "Solidaridade con Causa Galiza".

Anova Irmandade Nacionalista rexeitou nun comunicado  a ilegalización de Causa Galicia e asegurou que sempre estará "a favor da defensa dos dereitos civís, entre eles o de liberdade de asociación e organización política".

Temas: CAUSA GALIZA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

1 comunista independentista

O BnG non apoia. Ante a ilegalización de organizacións galegas, opta polo silencio cúmplice co españolismo. Xa fixo o mesmo outras veces. Vergoñento.

1 AMOXEGADOR

Si, mas havia mais militantes do BNG que "independentistas" da FPG ou de ANOVA. Si, onde é que estava a gente da FPG ou de ANOVA?

2 Comunista

O Bloque sempre mira cara outro lado cando actúa a represión española. Xa fixera o mesmo cando APU, con Paco Rodríguez e Manolo Mera indo ás comisarias a delatar a membros da INTG, ou mais recentemente calando ante a ilegalización de Iniciativa Internacionalista. Quen cala, outorga.

3 Pucha tapacalvas

A policía do alcalvo retirando os carteis onte á noite

4 Pendelho

Si, si. E alguns e algumhas que naquela altura eram da APU, agora a colaborar co espanholismo.