Temas: REI-DOVAL

Gabriel Rei-Doval: “O galego permite dialogar en pé de igualdade con dous mundos imperiais”

“En galego estamos no mundo, e comezamos a ser recoñecidos e aprezados”. É a reflexión que fai nesta entrevista o profesor no Departamento de Español e Portugués da Universidade de Wisconsin-Milwaukee e un dos grandes impulsores do noso idioma nos EE.UU., país no que o galego tivo un lugar moi especial no Congreso da Modern Language Association 2016.

Por Xurxo Salgado | Wisconsin | 25/01/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Rei-Doval leva anos traballando polo recoñecemento do noso idioma na  Modern Language Association, prestixioso organismo internacional do que xa forma parte. De feito, hai uns días pechouse o congreso que esta entidade celebrou en Austin (Texas, EEUU). Unha edición na que tivo unha nutrida presenza de temáticas e autores relacionados con Galicia. Por primeira vez, no congreso máis importante e representativo no ámbito das linguas, literaturas e culturas do mundo celebráronse catro sesións de temática galega. “Os profesores e investigadores norteamericanos xa se decatan de que Galicia non é o mesmo ca Murcia ou Extremadura”, sinala.

Conferencia sobre o galego no Congreso da Modern Language Association 2016 celebrado en Austin (Texas)
Conferencia sobre o galego no Congreso da Modern Language Association 2016 celebrado en Austin (Texas)

Trala aprobación do Foro de Lingua, Literatura e Cultura Galegas na Modern Language Association, a lingua, literatura e cultura galegas irromperon con forza neste importante evento. Alí se falou dos grandes autores galegos e tamén dos principais retos do galego, entre eles, o bilingüismo. “Eu propoñeríalle a tódolos axentes sociais un gran acordo (nacional e internacional) sobre a lingua galega. Pediríalles a todos asumiren que o mundo é mellor “En galego con amor”, reflexiona Rei-Doval.


Semella que Galicia está poñéndose algo de moda nos USA. Que supón que tivera habido temáticas propias da nosa lingua nun congreso tan importante como é o da Modern Language Association?
Efectivamente. Como din en inglés, conseguimos “momentum”. O vento lizgairo sopra hogano ó noso favor, así que cómpre orientármo-las velas na dirección máis acaída. Na edición de 2016 do Congreso anual da Modern Language Association, a lingua, literatura e cultura galegas contaron, por primeira vez, con catro sesións. É un éxito rotundo e sen precedentes; é para estarmos moi satisfeitos: sómo-la única cultura nacional sen estado do mundo que dispuxo desta atención (os Estudos Cataláns, por exemplo, só dispuxeron dunha sesión neste escaparate internacional). Endebén, Galicia encapsula todo un mundo, un universo enteiro, propuxémonos e conseguimos visibilizalo. Unha das sesións, dedicada ós diálogos a través do Miño, foi organizada pola Asociación Norteamericana de Profesores de Español e Portugués (AATSP), e estamos agradecidos de poder contar coa súa parcería, como tamén coa dos estudos lusófonos. Creo que é precisamente a colaboración, a decisión e vontade de deitarmos pontes con ámbitos disciplinares e xeoculturais diversos, sen deixarmos de ser nós mesmos galegos en galego, a clave do éxito. En galego estamos no mundo, e comezamos a ser recoñecidos e aprezados como tales.

E existe ese recoñecemento académico polo galego?
O recoñecemento non vén dado: conséguese, mantense e consolídase día a día, é froito do traballo cotián e da colaboración permanente. É obvio que os profesores e investigadores norteamericanos se decatan de que Galicia non é o mesmo ca Murcia ou Extremadura (con todo o respecto e aprezo por ámbalas comunidades). Galicia ten unha capacidade de interlocución internacional única, unhas posibilidades inmensas de favorecer diálogos e crear sinerxias que agora comezan a ser valoradas. Porque temos unha lingua nacional e internacional, o galego, que nos permite dialogar en pé de igualdade con dous mundos imperiais (o hispánico e o lusófono). O castelán e o portugués impuxéronse ó longo do mundo, o galego compartímolo, partillámolo con todos aqueles que queren establecer relacións de igual a igual connosco. A propia existencia do galego e o noso xeito de compartilo desde a mindfulness fai que sexamos aceptados, valorados e estudados como pobo singular do mundo.

Como é a aproximación dos estudantes norteamericanos á nosa lingua?
Se nos referimos ós estudantes doutorais presentes en congresos coma os da MLA, eu diría que moitos valoran, aceptan e mesmo usan o galego. Sen estridencias, con normalidade. Ás veces teño a impresión de que o galego dispón no mundo académico norteamericano da normalidade que inexplicablemente se lle segue negando en España. Hai un par de días reencontreime cunha antiga compañeira da Universidade, a quen non vía desde hai vinte e cinco anos e que nunca falara galego. Díxome con emoción que non escoitara falar galego desque se instalara en Dakota e que despois de dous días de congreso oíndo galego a lingua de noso se estaba desbloqueando, liberando, na súa mente. Faleille dos paralelismos entre as dificultades dos latinos para mante-lo español nos Estados Unidos e as dos galegos para usa-la nosa lingua de xeito habitual en Galicia. Hoxe temos medios novos, coma skype ou as redes sociais, para que o a lingua galega acorde, tamén desde e en Norteamérica.

Gabriel Rei-Doval, profesor da Universidade de Wisconsin-Milwaukee
Gabriel Rei-Doval, profesor da Universidade de Wisconsin-Milwaukee

Precisamente, un dos paneis do congreso foi dedicado a tradución, bilingüismo e globalización. Hai a percepción alí da problemática que existe entre o galego e o castelán?
A percepción non é inmanente nin comezou de xeito espontáneo. É resultado do traballo compartido, consistente e continuado desde hai décadas. Desque os precursores do galicianismo norteamericano (González López, Rubia Barcia, Martínez López ou Guerra da Cal) comezaron a desenvolve-lo seu traballo, andamos un camiño longo, non sempre lineal nin de rosas. Non todos temos exactamente a mesma percepión, e asemade a énfase principal neste ámbito non está centralmente na lingua. Mais estamos decididos a facer que a situación lingüística galega sexa máis e mellor coñecida, tamén en Norteamérica. Efectivamente, neste congreso tivemos un panel dedicado á tradución, o bilingüismo e a glocalización, no que participaron investigadores coñecidos e novos que visibilizaron estas áreas e temas. A profesora Olga Castro (Aston University, UK) salientou as conexións entre lingua, xénero e tradución desde un punto de vista feminista; Miriam Sánchez (Regis College, Colorado) debullou a audaz aposta da Editorial Kalandraka por promove-la lingua e a identidade galegas mediante a tradución, e Brandon Rigby (Univ. Oregón) puxo a énfase no significado da autotradución e en como encaixan as linguas e identidades nos universos poéticos. Igualmente, no panel sobre as relacións a través do Miño a profesora Obdulia Castro (Regis College) lembrou a importancia da fonética de noso para a vitalidade etnolingüística, e que peculiaridades ten este asunto no caso galego, fronte á situación existente nos ámbitos portugués e castelán. Polo tanto, si existe percepción e coñecemento da situación sociolingüística galega, e o ano vindeiro volveremos salientalo, discutilo e socializalo con máis colegas de profesión, de alén e aquén mar.

Pola túa longa experiencia, cal cres que é a solución que se lle pode dar ao conflito “bilingüe” que existe no noso país?
Eu non creo que exista unha receita máxica, nin unha solución talismán que, simplemente con ser verbalizada e practicada, consiga solucionar tódalas dificultades existentes.  Mais as dificultades son tamén oportunidades. Eu propoñeríalle a tódolos axentes sociais un gran acordo (nacional e internacional) sobre a lingua galega. Pediríalles a todos asumiren que o mundo é mellor “En galego con amor”. A diversidade e multiplicidade de criterios é positiva; a confrontación constante non conduce a ningures. Pierre Bourdieu fíxonos ver que a lingua é un elemento de distinción social. Mais é tamén un elemento arredor do cal xerar concordia, aprezo e empatía, individual e social. Eu creo e avogo, como Ian Hacking, por “A linguistics of love”. Mesmo se non tódolos actores están preparados (aínda) para abrazar este novo discurso, non hai outro camiño. O conflito constante, bilingüe e non, é estéril e non beneficia a ninguén. O amor –desde a empatía e a integración das feridas pretéritas– é o camiño.

Volvendo ao congreso. Ti es o impulsor do Grupo de Investigación en Estudos Galegos da Univesidade de Wisconsin-Milwaukee. Que traballo estades agora a realizar?
Nestes momentos estamos a preparar un estudo sobre a percepción de Galicia e dos estudos galegos por parte de investigadores e profesores de linguas modernas no ámbito anglófono e alén. Os datos recolléronse hai un par de anos, co gallo da campaña MLA Galician Studies e quetendemos completar e publica-lo dito estudo ó longo de 2016. Por outra parte participamos na organización do II Simposio Norteamericano de Estudos Galegos, que está a coordina-la profesora Cristina Moreiras desde a Universidade de Michigan, e que se celebrará en Ann Arbor a finais de abril. O traballo que se realiza é sempre en colaboración, e así debe seguir sendo, lidéreo quen o lidere. Milwaukee ten unha capacidade de actuación limitada, mais cremos que os grandes proxectos son resultado da vontade compartida e do entusiasmo: aí está o noso punto de encaixe.

Tamén fuches un dos grandes impulsores, con outros académicos galegos, da sección propia de galego na Modern Language Association. Que supón isto para o noso idioma?
A verdade, se non existise o Galician Language, Literature and Culture Forum, habería que inventalo. A feliz iniciativa permitiunos visibilizar, promover e difundir Galicia aquén e alén mar cunha vitalidade e intensidade sen precedentes. Serviu como vínculo de unión ós que traballamos e nos interesamos por Galicia en moitos lugares do planeta e, de xeito moi claro, situou Galicia e a lingua e cultura galegas no centro do debate académico das linguas e das humanidades en Norteamérica. No mundo profesional, coma na vida, é importante sabermos quen somos e agardar a que a vida nos traia as oportunidades que, se estamos centrados e temos lucidez e paciencia abondo, acaban aparecendo. A pelota comezou a rodar, e estou certo de que os tempos son chegados para unha maior presenza internacional da nosa lingua e da nosa cultura. Beizóns para tódolos que crearon e participan neste novo estado mental e emocional chamado Galicia.

E podes dicir algo dos proxectos futuros nos que estades traballando?
Os proxectos son moitos e diversos. Coido que unha consecuencia e camiño natural é incrementa-las pontes con diferentes ámbitos. Os lingüistas do actual comité executivo do Galician LLC Forum (debémoslle moito ó traballo de Obdulia Castro desde Denver) estamos madurando as pontes de colaboración coas áreas de lingüística xeral, cambio lingüístico e lingua e sociedade da MLA. Contamos tamén con galegos e galicianistas que lideran outros foros: Benita Sampedro na Hispanofonía Global, Robert Newcomb en Estudos luso-brasileiros, Cristina Moreiras na Literatura española contemporánea, José María Rodríguez García en estudos latinoamerianos, e tantos outros máis. Do seu traballo, a súa entrega e a súa xenerosidade estou certo que sairán moitos máis proxectos a curto, medio e longo prazo. As posibilidades e ilusión son grandes. Esperemos que os oráculos e a saúde nos permitan seguir facendo que Gallaecia fulget.  

Temas: REI-DOVAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

8 ixtlan

O problema da sección de comentarios en novas relacionadas coa lingua nos xornais online é que acaba sendo un espello do "lado escuro" do ser humano, como dirían dirían en Star Wars.

7 Amor para todos

Gabriel RD, simplemente é un pedante insoportable cunha capacidade infinita para a autoloubarse. Mais cunha entrevista isto é unha publireportaxe. Iso, por no falar das súas non disimuladas militancias políticas. ¿A situación actual do galego ten responsables no partido que goberna Galiza dende hai dúas décadas? Claro que non. Para iso están aí os seus amiguiños do bilingüismo harmónico. A resposabilidade é "de todos os axentes sociais", que non chegan a un acordo para tratar á lingua "con amor". Así mentres o actual Secretario Xeral de Política Lingüística, íntimo amigo de Gabriel RD, destrúe a lingua ata extremos nunca vistos nin sequera noutros gobernos do PP, o Sr. Gabriel fai reunións eruditas na busca do amor.

6 nostrus

En este articulo se puede llegar a dos conclusiones: o bien ser catedrático sirve para tener patente de corso para decir chorradas sin despeinarse o por el contrario este buen hombre pretende agradar a los nacionáticos para elevarle la autoestima. Bien es cierto que el gallego ayuda un poco en la lusofonia, pero ayuda mucho mas el portugues, por lo que les falla la coartada de intentar evangelizar masivamente a la poblacion gallega para desevolverse en Portugal y si esa es la preocupacion animen a aprender portugues. El gallego es una de las lenguas de Galicia para que la use todo aquel que lo desee en la dosis que quiera, bien por gusto, comodidad, para hacer carrera en partidos nacionotas o simplemente porque le da la gana. Ahora bien, como lengua útil y necesaria, muchisimo mejor el español.

1 Teutonio

A primeira frase é fabulosa!!, ti mirácheste algunha vez no espello?, está claro que ser catedrático nunha universidade de USA podeo ser calquera que diga catro paridas, pra auténticos expertos na materia témoste a ti… por certo, sorprende que vaias de bilingüe pola vida e esteas continuamente a confrontar a utilidade das linguas como se fosen partes dunha navalla suiza, uns defendemos aprender cantas máis mellor, outros tendes unha visión utilitarista e supremacista das linguas… dame mesmo magoa… Igual te divirtes lendo isto http://www.lavozdegalicia.es/notici...

2 nostrus

teutonio, eu tamen defendo aprender linguas e cantas mais mellor, pero deixo a liberdade da xente para que escolla o que quere aprender e cales son as suas preferencias. Non vou de bilingüe, non me fai falta, nin me fai falta falar galego para sentirme galego, porque son galego a xornada completa. Eso si, sei diferenciar entre as utilidades das linguas e outros parece que non saben.

3 teutonio

Supremacismo e utilitarismo... se te escoita un luxemburgués, grego ou letón.. hai que viaxar..

4 Españolistas dades noxo

Cala a boca burro! (em perfeito reintegrado)

5 sesese

Eu aprendo o portugués si mo enseña unha garota , non un lusista peludo

1 sYqu

Peludos e cheirentos que normalmente cheiran que confunden, a tabaco e a roupa que non cambian.

2 Tyu

O único português que umha garota lhe vai ensinar a um pailám coma ti é ..vai embora ...

3 sesese

Haiche moito marulo que vai de lusita modelno

4 Españolistas dades noxo

O que hai é moito marulo que pensa que usando formas españolas é mellor. "Modelno"? Desde cando se fala en Galicia coma en Andalucía? Mongois.

5 Lusopaiasos

Como en Lisboa seguro que non falamos.

4 Fartodalingua

Eso sirve para los galego-falantes que, como todo el mundo sabe, no son todos los gallegos, ya que muchos ciudadanos de esta región de España, tienen como lengua propia el español. Y que quieren que les diga, a estos gallegos (que son muchos), con el español les es más que suficiente para estar en el mundo y ser reconocidos y apreciados. Si hablan las dos, pues bienvendio sea, pero situar el aprecio y el reconocimiento de las personas en la lengua que usan tiene un tufillo nazionata y sectario ¿O es que los gallegos que no usan la lengua regional no son gallegos y no pueden ser reconocidos y apreciados?

1 fartodeespañoles

vete a francia hablando español y veras que boien te va o a holanda o a rusia que ignorante eres gente como tu y tus españoles de mi er da faltan en el cementerio donde teniais que estar tu y el es pa ñol

2 Galegueiro

Xesús! Eu penso, "Fartodalingua", que os castrapos -ou sexa, "muchos ciudadanos de esta región de España" que "tienen como lengua propia el español"- deberíades ter un pouquiño máis de amor propio. Dígoo porque non é preciso falardes de "lengua regional" para vos referir ao galego. Tan rexional é o galego (entendido como ti o entendes, como lingua de catro provincias) como o que falades vós, caros castrapiños, e o único que varía é o tamaño da rexión. A hispanofonía é unha rexión mundial como Asia-Pacífico, mais xa sei que isto para vós é difícil de comprender porque tendedes a ser persoas de provincias e pailanciñas para as cales é difícil ver alén de Madrid. Ánimo, que ten cura.

3 Teutonio

Como retorcemos as declaracións. Poderías recoñecer e apreciar algo que descoñeces que existe?, aí está a cuestión. Se o mundo académico norteamericano non diferencia Galicia de Extremadura ou Murcia, dificilmente poderá recoñecer e apreciar o noso potencial e particularidades. Por certo, falando so unha lingua un está no mundo, pero pérdense moitos. Aprende idiomas!