O PPdeG decántase polo veterano Santalices para presidir a Cámara

Marta Rodríguez Arias ocupara a Vicepresidencia Primeira. Na decisión final tívose en conta a opinión de Núñez Feijóo e José Manuel Baltar.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/01/2016 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

Os populares desatascaron, finalmente, as diferencias internas que mantiñan sobre quen ía ser o futuro presidente da Cámara galega. Unhas diferencias nas que mesmo tivo que mediar o propio líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente do PP de Ourense, José Manuel Baltar. E o futuro novo presidente da Cámara será o veterano deputado ourensán Miguel Santalices.

José Manuel Balseiro, Miguel Santalices e Pilar Rojo, na Cámara galega
José Manuel Balseiro, Miguel Santalices e Pilar Rojo, na Cámara galega | Fonte: Parlamento de Galicia

Deste xeito, será Santalices quen substitúa a Pilar Rojo, que deixou o escano para ir ao Congreso a Madrid. Pola súa banda, Marta Rodríguez Arias, que fora impulsada por determinados dirixentes urbanos do PPdeG, quedará, finalmente, como vicepresidenta primeira.

O anuncio fíxoo o portavoz do grupo, Pedro Puy, en conferencia de prensa, na que estivo acompañado por Santalices e por Rodríguez Arias. A decisión adoptouna este luns o Grupo Parlamentario Popular nunha xuntanza na que tamén participou o propio Alberto Núñez Feijóo. De feito, o presidente galego xa anuncou antes de facerse público, que o Grupo chegara a un acordo para facer unha proposta de presidente e vicepresidenta".

Núñez Feijóo dixo que para este período de sesións, probablemente o último da lexislatura, é preciso xente "con coñecemento da Cámara e con experiencia na organización de debates" e sinalou que "o Grupo practicamente por unanimidade propuxo unha combinación de deputado e deputada" para ocupar os postos de presidente e vicepresidenta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Paulo 1982

Unha boa elección. Un político dialogante, serio e galeguista.