O BNG denuncia o "uso indebido" de fondos UE que terían que ir ao apoio de alumnos con necesidades especiais

O BNG ve ao sector conserveiro "de vital importancia" para Galicia e pide "que non se deixe en segundo lugar".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/10/2024 | Actualizada ás 17:02

Comparte esta noticia

A portavoz de Educación do BNG no Parlamento, Cristina Fernández, denunciou o "uso indebido" que o Goberno da Xunta fai de fondos europeos destinados a financiar o Plan Mega e, máis en concreto, aqueles que deberían servir especificamente para dar unha maior e mellor atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (Neae).

Nun comunicado, a parlamentaria do Bloque sinala que a Consellería de Educación recorreu ao programa Promociona, dentro do Mega, para cubrir vacantes ás que asigna funcións ordinarias como as tutorías en Infantil e Primaria cando, segundo os criterios dos fondos da UE asignados, deberían ser destinados exclusivamente a contratar docentes de apoio aos nenos e nenas que máis o necesitan.

"Docentes que estarían destinados a impulsar o avance persoal e educativo do alumnado máis vulnerable están a realizar nos centros funciones estruturais e ordinarias", critica Fernández.

A parlamentaria refírese especificamente aos 163 contratos ofertados en setembro dentro do Programa Promociona, destinado ao apoio, participación e promoción do alumnado máis vulnerable. "Ademais de ser utilizados estes contratos para cubrir prazas de profesorado non especialista son ofertados en condicións precarias, pois son contratos que só duran ata o 30 de xuño e o 26% dos mesmos son só a media xornada, de tan só catro horas cando os centros educativos están a pasar por unha gran falta de docentes", indicou.

Alumnado dun centro escolar de Allariz. Foto: Comunicación Concello de Allariz.
Alumnado dun centro escolar de Allariz. Foto: Comunicación Concello de Allariz.

SECTOR PESQUEIRO

Por outra banda, unha delegación do BNG, integrada pola eurodeputada Ana Miranda e os deputados Carmela González e Brais Ruanova, reuniuse este xoves con representantes de Anfaco-Cecopesca, trasladando a aposta do Bloque polo sector conserveiro, ao ser de "vital importancia" para a economía galega.

"No BNG se aposta pola nosa industria e pola industria conserveira galega, un sector importantísimo en moitas das nosas vilas, un sector internacionalizado e un sector que crea moito emprego", reivindicou Miranda tras o encontro, segundo recolle o Bloque nun comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta