En Marea e En Comú, a chave para un goberno de Podemos

A coalición galega e a catalá soben en intención de voto, mentres que Compromís baixa lixeiramente, segundo o CIS. Xuntos, coa formación de Pablo Iglesias, superarían ao PSOE, pero non se solucionaría a situación de bloqueo actual. Feijóo di que esta enquisa "coincide" coa que teñen os distintos partidos.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 04/02/2016 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

Do 1,63% que acadou nas pasadas eleccións xerais, a un 1,7%. A intención de voto para En Marea crece, segundo a nova enquisa do Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS), pero pouco. O máis salientable é que as entrevistas se fixeron a primeiros de xaneiro, é dicir, poucos días despois dos comicios do 21 de decembro, cando aínda non se sabía se En Marea tería grupo propio no Parlamento español ou se, como finalmente sucedeu, se integraría no de Podemos.

Os voceiros Alexandra Fernández (En marea), Errejón (Podemos) e por En Comú Podem Xavier Domènech.
Os voceiros Alexandra Fernández (En marea), Errejón (Podemos) e por En Comú Podem Xavier Domènech.

En Marea non é a única coalición de esquerda rupturista das que se presentaron canda Podemos que medra en intención de voto. En Comú Podem (Cataluña) pasaría do 3,69% ao 4,5%. Porén, Compromís-Podemos baixaría do 2,67% ao 2,5%

Podemos, por si só, apenas crecería do 12,67% acadado nos anteriores comicios, ao 13,2% na nova enquisa. Polo tanto, serían as candidaturas de Galicia e Cataluña, fundamentalmente, as que manterían as esperanzas de Pablo Iglesias de ser presidente do Estado, xa que todas xuntas, máis a valenciana —a única que retrocede lixeiramente— sumarían o 21,9% dos votos, máis que o PSOE, que baixaría do 22,01% que obtivo nas pasadas eleccións até o 20,5% que lle dá o CIS.

O PP, pola súa banda, mantense estable, pasando do 28,72% ao 28,8%, é dicir, os populares non son quen de mobilizar máis voto, pero tampouco perden. O mesmo lle pasa a Izquierda Unida, que pasa do 3,67% ao 3,7%.

No que se refire a Ciudadanos, a formación de Albert Rivera superaría nunha décima a Podemos —sen sumar as candidaturas de Galicia, Cataluña e Comunidade Valenciana—, acadando o 13,3% dos votos, pero baixaría levemente do 13,93% acadado nas eleccións de decembro de 2015.

Datos do estudo do CIS de xaneiro de 2016
Datos do estudo do CIS de xaneiro de 2016

O CIS non ofrece datos dunha candidatura do BNG ou Nós - Candidatura Galega.

Con estes datos, uns novos comicios non mudarían en nada o panorama actual de bloqueo e de incertidume que existe, polo que se presupón que o PSOE e os seus posibles socios terán que chegar a un acordo para a gobernabilidade.

Sobre esta enquisa xa se pronunciou o presidente da Xunta. Alberto Núñez Feijóo di que coinciden coas que teñen os distintos partidos. “Isto indica que pode acontecer que, quen sexa presidente do Goberno español poida ser o líder da terceira forza política. E isto sería inverosímil”, indicou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

7 folga xeral en grecia

non se fien de merdeya subgrupo de podreiros expañois... están loitando polo reformismo para deixar o pobo roubado, están loitando por expaña polo ben de expaña e a sua unidade... o -vieirismo e a traizon o pobo galego

1 LKI

6 Xunqueira

Moitos nados na Galiza galegos son imbéciles e escuros. Por iso votan ao PP. Habería que botalos fora.

5 os sereos xans das bolas

Bipartidismo a catro patas. que así penetra millor.

4 Comunista

En 20 anos... o BnG foi chave de algo algunha vez? Ah, claro. Tiñan a chave da máquina dos cafés para servir aos do PsoE.

1 Xandokas

Os arrivistas e trepas, foron os que fundiron ao Bloque! Cantas "fichaxes-arivistas" e ex-altos cargos do goberno bipartito da Xunta seguen no Bloque??????.----- ....eso si que foi culpa da UPG!

2 comunista independentista

A culpa é de La Sexta, Beiras e a Universidade Complutense. Cando desaparezan La Sexta, Beiras e a Universidade Complutense o Bloque gobernará e Paco Zarzuelas liberará a toda Galiza. Todos liberados.

3 Pepinho

Preparadevos para as autonomicas,a de ataques que vai levar En Marea.E non só da dereita...senon tamen pola esquerda!! A unión fai a forza e podeselle disputar ao PP ser primeira forza.Espero que os Upegallos sexan conscientes, e non o boten a perder e unha ocasión quizás unica.

1 per

Os Upegaios non son tontos e entraran na Marea e tamen sairan na 6ª e sinon ao tempo o deixo.