Galicia, cinco anos de fútbol gaélico

Fillos de Breogán celebrará o quinto aniversario do primeiro partido deste deporte disputado en Galicia, un 5 de febreiro de 2011 contra os Madrid Harps.

Por gcdeportes | A Coruña | 09/02/2016 | Actualizada ás 09:50

Comparte esta noticia

Galicia foi xa subcampioa do Mundo en Abu Dhabi, pero hai pouco máis de cinco anos que xoga. Veñen de cumprirse cinco anos (5 de febreiro) do primeiro partido de fútbol gaélico en Galicia. Foi un Fillos de Breogán fronte os Madrid Harps, no que se impuxo o equipo madrileño por 10 (1-7) – 18 (2-12). O resultado era o de menos.

Fillos de Breogán - Madrid Harps, primeiro partido de fútbol gaélico en Galicia.
Fillos de Breogán - Madrid Harps, primeiro partido de fútbol gaélico en Galicia.

Daquela, Fillos de Breogán, o primeiro equipo deste deporte en Galicia, tiña pouco máis de cinco meses de vida, e logo de moitos adestramentos para preparar o seu primeiro torneo Ibérico, os Madrid Harps viaxaron cara á Coruña para ser testemuñas de excepción dun acontecemento histórico para o fútbol gaélico galego: o seu primeiro partido. Logo chegaron moitos partidos e torneos, de Liga e de Copa, de clubs e de Selección, da man da Asociación Galega de Fútbol Gaélico, pero ese Fillos-Harps sempre quedará na memoria dos afeccionados galegos.

Cara ao final da terceira edición da Liga galega, comezarán os actos de celebración do quinto aniversario dese partido. Fillos de Breogán promete moitas sorpresas para xogadores e seareiros do fútbol gaélico.

Fillos de Breogán - Madrid Harps, primeiro partido de fútbol gaélico en Galicia.
Fillos de Breogán - Madrid Harps, primeiro partido de fútbol gaélico en Galicia.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta