Temas: VIGO XUNTA

A Xunta propón crear a Cidade da Xustiza de Vigo no edificio do antigo Hospital Xeral

O vicepresidente Alfonso Rueda anuncia a intención do Goberno galego de ubicar os servizos xudiciais neste emblemático edificio.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 12/02/2016 | Actualizada ás 16:25

Comparte esta noticia

A Xunta valora a posibilidade de converter o edificio do antigo Hospital Xeral de Vigo —agora en desuso tras a inauguración do Álvaro Cunqueiro— para que albergue a Cidade da Xustiza desta cidade.

Hospital Xeral Cíes
Hospital Xeral Cíes

O vicepresidente, Alfonso Rueda, anunciou o propósito do Goberno galego tras unha xuntanza cos principais axentes xurídicos da cidade para analizar a situación na que se atopa o proxecto da Cidade da Xustiza de Vigo.

Rueda estivo acompañado do delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, co que coincidiu en que o edificio do Xeral representa unha boa alternativa para todos os vigueses e incidiu en que “é viable xurídica, urbanística e economicamente”.

Rueda tamén destacou que a proposta, aínda que hai que explorala, foi moi ben recibida polos axentes xurídicos e espera que así o sexa polo Concello, xa que, dixo, se abre unha gran posibilidade para Vigo. “Paga a pena intentalo”, enfatizou o número dous da Xunta.

O seguinte paso da Xunta será dirixirse inmediatamente ao alcalde Abel Caballero para explicarlle a proposta e coñecer se tamén está a favor dela, así como coa Tesourería da Seguridade Social, propietaria do inmoble, para explorar a posibilidade da cesión.

Coa nova proposta daríaselle uso a un edificio emblemático para o moitos cidadáns piden que se conserve, centralizando toda a actividade xudicial. A Xunta tamén salienta que "permitiría gañar espazo respecto ao proxecto actual e probablemente estaría en funcionamento nun prazo máis breve do tempo".

Rueda indicou que no caso de que esta nova proposta non fose aceptada por algunha das partes, seguiríase adiante co proxecto de construción da coñecida Cidade da Xustiza de Vigo, para a que xa existe un proxecto básico e orzamento consignado de ao redor de 24 millóns de euros.

Temas: VIGO XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Se a cousa depende de Abel Caballero, SEGURO QUE NON HABERÁ CIDADE DA XUSTIZA! Non parece mala idea para recuperar a zona do Pirulí... Os avogados toman moito café e se non perderon as mañas cañas e pinchos de tortilla... (?) Pero que imos facer co edificio dos xulgados actuais (?) apenas teñen 20 anos e xa van quedar para telarañas (?) Claro que un bo Centro de Día ou unha espléndida Residencia Asistida nas Traveses víría moi ben... O caso é quen vai poñer un euro enriba da mesa...? Abel seguro que NON !!!

1 Galiza ceibe

Seica a delegaciom ministeriada governacional precisa doutro fronton porque no que tinhan em Maria Berdiales ja construiron outra cousa enriba, e necesitan de meter os sospeitosos, que imos ser moitos, nalgun sitio e para que os revoltosos vaian recolher os partes de sanción. Eso sí, seguirán sendo inoperantes para as agresións violentas (este ano a primeira caeu en Becerreá) ou a do supermercado de Compostela (lean o comportamento dos agresores na imprensa). Cantos foron apanhar o rapaz do traxe de cagan-eta ou non sei que caralho en Ourense? Para eso sí que había recursos.