Cataluña, a irmá rebelde e Galicia, a filla perfecta de España

Un traballo do Programa de Estudos sobre Nacionalismo da Central European University afirma que "os galegos carecen da mesma forza unificadora que teñen os cataláns" e que "ser galego significa sentirse á vez celta e español".

Por Alberto Quian | Madrid | 22/02/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Ser galego é sentir que pertences a unha cultura singular que vén dos celtas, mais tamén aceptar a simbiose coa cutura española. Esta é a principal idea que se desenvolve nun Traballo Fin de Máster (TFM) presentado recentemente no Programa de Estudos sobre Nacionalismo 2014-2016 da Central European University, unha institución internacional de postgrao no campo das humanidades e das ciencias sociais, con sede en Budapest (Hungría). O título da investigación xa é revelador: "Catalonia the rebellious sister and Galicia the perfect child" ("Cataluña, a irmá rebelde e Galicia, a filla perfecta").

Mosaico simbólico realizado pola Plataforma #GalizaConCatalunya, en apoio ao povo catalán e ás candidaturas independentistas para as eleccións deste 27-S
Mosaico simbólico realizado pola Plataforma #GalizaConCatalunya, en apoio ao povo catalán e ás candidaturas independentistas para as eleccións deste 27-S | Fonte: mardelumes youtube

A súa autora, Tiffany Deaton, quixo investigar a causa e o efecto dos diferentes niveis de sentimento nacionalista nun país con distintas culturas rexionais, examinando os discursos sobre a identidade nacional. Para isto, deseñou un estudo comparativo entre Cataluña e Galicia no que o obxectivo final foi debullar a identidade galega.

Deaton repasou algúns destacados acontecementos políticos e económicos tanto de Galicia como de Cataluña, fixo unha análise crítica do discurso examinando artigos da prensa galega e, na súa metodoloxía, incluíu tamén unha serie de entrevistas feitas en Ourense, ademais de analizar algúns símbolos propios dos galegos e dos cataláns. Cos resultados das súas análises, conclúe que "identificarse como galego significa pertencer á cultura celta e á cultura española". Por iso, senteza, en Galicia existe unha disputa menor con España que en Cataluña, onde o movemento secesionista é maior. 

Deaton opón ao impulso independentista catalán a situacion dunha Galicia que "está en paz coa súa posición no Estado español", afirma a autora deste TFM, dirixido polo profesor Michael Laurence Miller, doutor en Historia pola Columbia University.

Nas súas conclusións, Deaton argúe:

"En Cataluña houbo unha dura opresión mesturada con grandes niveis de desenvolvemento económico. Esa mestura creou unha minoría ruidosa que defende o seu dereito á secesión. Pola contra, Galicia tivo niveis relativamente máis baixos de represión e baixos niveis de desenvolvemento económico. Isto creou unha rexión que depende moito máis do centro. Se ben a identidade galega todavía se conserva entre os galegos, estes manteñen a solidaridade co Estado español".

Tiffany Deaton incide no seu traballo en que hai unha "comunidade imaxinada en Cataluña con lazos moi estreitos coa súa rexión" e unha Galicia cunha "forte conexión coa nación española"

A investigadora deduce da súa investigación que "os galegos teñen un sentido de unidade cultural, pero carecen da mesma forza unificadora que teñen os cataláns". Diferenzas substanciais que atribúe ás diferentes vías e niveis de desenvolvemento político e económico en ambas as dúas sociedades, dentro do Estado español.

"Debido á longa historia de opresión en Cataluña, os cidadáns volven mostrar resentimento contra o Goberno central; mentres que no outro lado, Galicia tivo que apoiarse máis no Goberno central para ter apoio financeiro", argumenta a investigadora.

A simbiose entre Galicia e España que describe Deaton móstrase para ela, por exemplo, no universo simbólico de Galicia, no que, segundo esta autora, "hai unha combinación de símbolos celtas e españois", sendo os primeiros os "máis populares", escribe.

Deaton fala dunha "mestura híbrida de tradicións" en Galicia. "Ser galego significa sentirse á vez celta e español. Ser parte das bandas de gaitas ou percorrer o Camiño de Santiago dálles aos galegos unha sensación de intimidade coa súa rexión, pero tamén recoñecen que son parte dunha nación máis grande", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 84 comentarios

27 Aguirre de Vilaza

non son nacionalista nin voto nacionalista pero con sub-normales coma o nostrus este non estraña que España vaia po carallo e rexurdan os nacionalismos periféricos. Con lesmas coma ese e a muller é normal que os catalás queiran liscar!

1 Xelmirez

Pois eu creo que o Nostrus golpeavos co que mas doe, ca verdá

2 Atapuerco puerco

Uy si, no veas que duro golpea..! :DDD

26 Amancio

"Diseñan una identidad colectiva y luego establecen unos parametros para que el individuo se comporte de un modo determinado para conformar esa identidad diseñada por ellos" Gran fragmento do nostrus para descreber o que é España: unha construción nacionalista decimonónica que durou 100 aniños até que a burguesía vasca e catalá cansou da ineptitude dos cortesanos de Madrid para defender os seus intereses. "La nación más antigua de Europa" haha!

1 nostrus

Os sepa-rratas coa vosa intolerancia tamen axudades a conformar a identidade española. Si houbera moitos coma vos a indentidad española pareceríase a de Libano. Israel ou Afganistan. Os sepa-ratas aportades, pero non axudades nada.

2 Puerco atapuerco

Yo, con nostrus. Para tolerantes, nosotros: los puercos atapuercos. Que una inmensa mayoria de los catalanes quieren un referendum para decidir que quieren hacer con su futuro? Pues nosotros les zurramos con la Constitucion hasta que meen espanol. Eso si, continuaremos llamandoles ratas, intolerantes, vendidos,... para fomentar su amor a Espanistan!! :DD Arriba!! :DDD

3 nostrus

Puerco. Podemos hacer extensible la idea de los indepes catalanes a otros colectivos. La ley antitabaco que decidan los fumadores, sobre los toros que decidan los taurinos y sobre el aborto los antiabortistas, ¿te parece bien?.La Constitucion, que expresa la voluntad popular de todos, no le hacemos caso y en su lugar nos fanatizamos con las emociones, sensaciones, alucinaciones y supersticiones de lo sepa-ratas, ¿te parece bien?.

4 Posadita

Nostrus, vas de defensor da liberdade individual pero o que teimas ben en defender é o catecismo español. A democracia non vale so pra o que os españoleiros coma ti queredes, se os catalás deciden democraticamente a independencia, entón hai que darlla. O que pasa é que nin deixarlles votar queredes e despois os alcumades de “rebeldes“. E a verdade é que á maioría da xente importalle um carano si os catalás liscan ou deixan de liscar. és mais rata ca tua muller (que xa é ser rata!)

5 CAT, nou Estat d'Europa

Solo un tarado querria convivir con ratas, pero espana y los espanistanies son asi: te insultan, te menosprecian, te maltratan, pero no te dejan ir. No sin razon ya hay mas de una persona que ha indicado que la mentalidad de un espanistani como el nostrus es identica a la de un asesino maltratador de mujeres. Asi que vaya tela, reunis lo mejor de cada casa!

6 Amancio

Nostriño, os sepa-ratas en Galicia somos unha minoría moi minoritaria que non chega a ser nin todo o eleitorado do BNG. Somos tolerantes aínda que seña porque non nos queda outra. En cambio a minoria de nacionalistas españois no País Vasco ou Cataluña anda todo o día a chorar nos medios porque, alén de intolerantes, teñen mal perder.

25 O incrível país minguante

Sofrer é ver como o teu "amado país" leva perdendo território desde o século XVI ... e continua! :DD E este século tocam Catalunha e Euskal Herria. A roê-lo, machiño! :DDD

1 nostrus

Dende o século XVI todos os paises mudaron e é España un dos mais antigos da actualidade. Por outra banda as tuas dotes de pitoniso non teñen ningun rigor cientifico, polo que por agora a quen lle toca sufrir é aos renegados e aos supremacistas racistas; poden sufrir por separado ou xuntos para darse calor, pero mentras tanto eu disfruto coa miña condicion de ser galego do único xeito posible, que é compartindo nacionalidade co resto de españoles. Que saibas que a min non me preocupa nada que sufrades.

2 Español atapuerco

Te he visto ahí una debilidad, chavalito: comienzas a admitir la posibilidad futura de poder ser gallego sin ser español cuando somos más viejos que Adan y Eva !! :DD Impasible el ademán !!!

3 nostrus

atapuerco. En el futuro puede pasar cualquier cosa, puede desaparecer España, pero es mas facil de que desaparezca Galicia, basta con que forme parte de Asturias, Leon o Castilla como sucedio en el pasado. Ya os veo temblando.

4 Atapuerco puerco

Uy sí, temblando los tienes.

24 nostrus

Los sepa-ratas pueden darle las vueltas que quieran que por mucho que se maquillen no dejan de oler a español. Españoles somos todos los que tenemos esa condicion y cada uno elije el modo de serlo; ellos han elegido formar parte del culo español mientras otros elegimos ser parte de la cabeza y el corazon. Imposible ser feliz siendo un sepa-rata porque siempre le acompañará el sufrimiento.

1 Bouza

a ti en troques acompáñache o felicidade (tonto feliz) mesmo cando cha meten polo buraco que tés entre as pernas e que usas pra destilar o teu pensamento ...

23 Visca Catalunya !!

En efecto: la Constitución de Cádiz de 1812, alias "la Pepa", hablaba de "los españoles de los dos hemisferios"... y pocos años después los americanos les metieron el papelito a los españoles por el orto! :DDD