Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2024 | Actualizada ás 20:18
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, manifestou a súa satisfacción ante o acordo alcanzado este martes entre o Goberno central e o BNG para aprobar bonificacións nas peaxes da AP-53, que une Santiago con Dozón (Pontevedra), en 2025.
"Os socialistas cumprimos, vaia se cumprimos", subliña o dirixente do PSdeG, despois de que o ministro de Transportes, Óscar Puente, confirmase pola tarde no Senado este pacto alcanzado co Bloque, así como tras a ampliación das bonificacións na AP-9 avanzada hai un mes.
Besteiro subliña, nun comunicado, que os descontos na AP-53 permitirán "conectar a Galicia interior en mellores condicións". Neste contexto, criticou que outras comarcas galegas "queden á marxe" porque están unidas por vías de titularidade autonómica.
"Mentres tanto, en Galicia, que ocorre coas estradas que xestiona Alfonso Rueda? Pois seguirán pagando peaxes moi importantes", criticou o secretario xeral socialista, en referencia ás vías AG-55 (Costa da Morte) e AG-57 (Val Miñor).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.