Temas: TVG

“Nisto gasta o cartos a televisión pública galega?”

A costumbrista historia de Manolo de Xaniño converteuse nun fenómeno viral. Orgullosa da primicia do relato dun home que vai de putas e acaba atorado nun lavadoiro, a TVG invita ao ordense ao seus platós para entrevistalo, o que suscita as críticas do PSdeG.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/02/2016 | Actualizada ás 21:17

Comparte esta noticia

"En esto gasta la pasta y el tiempo la televisión pública?" pregúntase un dos ususarios que veu a entrevista no Youtube. E non é o único que se cuestiona se a Compañía da Radio Televisión de Galicia debe facerse eco de historias deste tipo, con poucos elementos noticiosos e que transmiten unha imaxe atrasada do país.

A deputada socialista Concepción Burgo criticou hoxe o tratamento do suceso de Manolo de Xaniño pola TVG de “telebasura inadmisible”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na que denunciou o incumprimento da Lei de Medios e do Mandato Marco ao privatizar os programas Boas Tardes e O Que Pasa Aquí.

A deputada socialista criticou duramente que o ente público “presuma” de ter “xerado o fenómeno viral” de Manolo de Xaniño, que tivo que ser atendido polas forzas da orde ao ficar atascado nun pilón no seu camiño de regreso dun prostíbulo. Considera “impresentable” o tratamento dado a este suceso, que “mesmo debera ser cuestionado nun medio privado, cánto máis nunha televisión pública”.

Burgo sinalou que unha das presentadoras do espazo Boas Tardes mesmo chegou a lamentar o horario de protección de emisión, explicou, “porque consideraba divertido coñecer máis das aventuras femininas deste señor”.

Privatización

A deputada socialista utilizou este caso, utilizado polo programa, que mesmo fixo unha entrevista a Manolo de Xaniño que foi empregada polos telexornais do ente, para denunciar a privatización tanto de Boas Tardes como de O Que Pasa Aquí, e que foi admitido polo director xeral do ente.

Burgo acusou a Sánchez Izquierdo de incumprir tanto a Lei de Medios Públicos de Comunicación Audiovisual como o seu Mandato Marco, que impiden explicitamente a externalización dos programas informativos. 

Velaquí o vídeo orixinal que desencadenou o fenómeno:

Temas: TVG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Sesese

Real como a vida mesma . Non todo vai ser politequeiradas

2 eueu

De algo terá que vivir o CorreoGallego-LaRazón agora que xa non venden xornais en papel: traspaso de centos de millons para programas que ninguén ve e seguir enchendo o PPeto dos amigotes antes de que os botemos a patadas de Galiza

1 Souto

Qué pena! a deriva que leva a TVG