A UPG gaña unha Asemblea á que acudiron o 35% dos que votaron en Amio

Cumpriuse o guión previsto. A candidata da liña oficialista do BNG, Ana Pontón, é xa a primeira muller que chega a voceira nacional. Aymerich anuncia a súa marcha. Vídeo das resolucións e do discurso final no interior.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 28/02/2016 | Actualizada ás 22:08

Comparte esta noticia

Ana Belén Pontón Mondelo, actual voceira parlamentar, levará o leme dun Bloque que promete refundarse. Con todo, os plans electorais seguen a ser o mesmos. A diversidade ideolóxica e o volume da militancia da fronte, pola contra, é sensiblemente menor.

Votando na XV Asemblea do BNG no Palexco da Coruña
Votando na XV Asemblea do BNG no Palexco da Coruña

Pontón gañou grazas, entre outros factores, ao pacto entre a Unión do Pobo Galego -partido no que milita- e o Movemento Galego ao Socialismo -partido tamén comunista cuxos dirixentes proceden en boa medida da UPG. 

No Palexco da Coruña 1.191 persoas votaron á candidatura de Ana Pontón. 170 votos foron para a de Carlos B. Ansoar, un militante do Barbanza que foi o único dos críticos en dar a cara nas urnas. Houbo 131 brancos e 25 nulos.

Son en total 1.517 sufraxios, 2.866 menos (un 65% inferior) que os contados na Asemblea de hai catro anos en Amio. Daquela Carlos Aymerich e Francisco Jorquera se repartiron case en parte iguais 4.383 sufraxios para ver quen era o candidato á Xunta. Tras Amio, o Bloque sufriu dúas escisións importantes e unha progresiva sangría de votos e militantes. No referido a militantes, polo visto e oído este domingo, a sangría pode prolongarse.

Nas votacións previas ao documento político, a liña oficialista tamén gañou, pero houbo varios votos particulares que rozaron os 500 apoios.

Asemblea do BNG no Palexco da Coruña
Asemblea do BNG no Palexco da Coruña | Fonte: BNG FEne

Unha mostra que non todos no Bloque están cómodos coa receita de actualizar o discurso e a organización sen introducir cambios profundos. Nin se abre a porta aos pactos coas mareas nin se obriga a disolver os partidos e correntes que conviven na fronte.

Estas eran dúas das demandas de Abrente, a corrente máis socialdemócrata entre os nacionalistas. O seu líder Carlos Aymerich confirmou na propia Asemblea que marcha da fronte, canso de pertencer a unha organización na que non se ve representado. Está por ver cantos das persoas próximas a Abrente tamén collen a porta. Outros críticos, como Carme Adán ou Alba Nogueira comprometeron seguir na fronte.

A chegada de Pontón ao liderado é moi significativa. Por vez primeira o principal partido da historia do nacionalismo, a UPG, non cede o cargo de voceiro nacional. É máis, pesos pesados desta forza -como Néstor Rego, Bieito Lobeira, Montse Prado, Goretti San Martín ou Rubén Cela- están na Executivo.

Na lista ao Consello Nacional non hai rastro de membros de Abrente nin sequera de independentes como o até hoxe voceiro nacional, Xavier Vence, ou da deputada Carme Adán, quen públicamente pediron un cambio de rumbo ante o contínuo devalo nas urnas. 

“Un revés electoral non esgota un proxecto político!” proclamou Pontón no seu discurso de investidura. Na Asemblea non se abordou quen será o cabeza de cartel nas vindeiras eleccións a Xunta. 

O BNG aprobou numerosas resolucións, entre outras: a prol da independencia de Cataluña, contra a prórroga de ENCE, en solidariedade co pobo kurdo, co pobo palestino e pola liberdade de Arnaldo Otegui “inxustamente encarcelado pola súa defensa dos dereitos nacionais de Euskal Herri “ por vías pacíficas e democráticas. Velaquí o discurso completo da nova portavoz do Bloque Nacionalista Galego:

Vence na Asemblea do BNG
Vence na Asemblea do BNG
Ana Pontón
Ana Pontón | Fonte: MGS Twitter
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

9 olegario de xinziano

podemos fixo mal fixo documento ca-ca pois en 96 paxinas entregadas non dixo nada de Galicia nin sequer na pesca non sae a palabra Galicia nin galegos, nin no tema da pesca, fixeron asi o deputado -Vieiras que fixo toleais polo foro e xa soamente están preocupados de grandes salarios e butacons do parlamentiño, moitos pasaron a outros partidos do age e fuxiron a fume de carozo a outras oportunidades agora podreimios de Galicia e instrumento do vello que esta segandolles a herba debaixo dos pes de bragoñan riobobo e círculos podremios de xente agora todo e xuguete do vello, son xa cero a esquerda, son mareya si pero de expaña de podremios GALIZA NON SAE a Waldo das jons importalle ben pouco esta por ser ministro e vivir de mamandurrias

8 Montesío

"Al pan, pan, y al vino, vino" dí un refrán español. A mín paréceme moi acertado que desta vez intenten que o líder e as bases coincidan. Será máis auténtico e isto sempre será de agradecer. E isto o dí un grande admirador de Xavier Vence, líder que fixo que volvese a votar ao Bloque. Veremos como se presentan e a quen presentan pola miña circunscripción nas vindeiras eleccións, BNG, Anova e Compromiso. Interesante, moi interesante.

7 Brinco

E dalle cos mais/mellores nacionalistas, non se dan conta o dano que fixeron, despois que non se queixen de que prendan iniciativas que compitan e chegen as institucións antes que eles.

6 antonino

https://www.youtube.com/watch?v=WhX... Ver os discursos do BNG cando o BNG era un partido serio o servizo de Galiza, e comparalo agora co discurso mediocre e gris da soldado Pontón, da ganas de chorar, Unha evolución que recorda a do noso pais.

5 antonino

Eles son felices cas suas asembleas bulgaras. Ca sua posta en escea casposa e invariabel o longo do ano. Co guión inventado no Comité Central da UPG. Ca executiva mais seitaria posibel, con talibáns como Xose Emilio Vicente. Cada dia mais afastados do pobo galego. So lles esperan ostias electorais. Magoa que no camiño vaian propiciar un novo goberno da xunta do PP. Pero o importante e controlar as migallas que quedan do pastel.