Viticultores denuncian o "nulo interese" da Xunta polo sector na Ribeira Sacra

Cualifican de "cosmética" as axudas para manter a paisaxe da Ribeira Sacra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2025 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

A Asociación Galega de Viticultura (AGV), integrada na Federación Rural Galega (Fruga), cualificou de "medidas cosméticas" as axudas á conservación da paisaxe na Ribeira Sacra ao entender que non son "a solución á crise".

Nun comunicado, fai alusión á orde de axudas anunciada o pasado 30 de decembro para a conservación da contorna paisaxística desta zona, de cara ademais á avaliación para que sexa declarada patrimonio mundial pola Unesco. "Reducindo o cultivo da vide a unha contribución moi significativa á singularidade paisaxística desta zona, deixando en segundo lugar a actividade vitivinícola, un sector económico fundamental, sustento da poboación que vive na zona", apunta.

"Non se menciona que a Ribeira Sacra ten ese valor paisaxístico pola actividade vitivinícola, que no ano 2024 experimentou o peor momento da súa crise cando adegas deixaron uvas sen recoller ás persoas viticultoras da zona", engade. Para esta entidade, a orde de axudas evidencia "nulo interese" pola actividade vitivinícola por, segundo sostén, "pór sobre a mesa solucións integrais para paliar a crise na Ribeira Sacra, asegurando o futuro das persoas viticultoras garantíndolles que se lles vai a recoller a uva".

Soca, en Monforte de Lemos, Lugo, Galicia / Carlos Castro / Europa Press
Soca, en Monforte de Lemos, Lugo, Galicia / Carlos Castro / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta