Baixan os desafiuzamentos en Galicia ata situarse en cifras do comezo da crise

Os lanzamentos hipotecarios reducíronse un 14% en Galicia en 2015 e volven ás cifras de 2008. Tamén baixan os expedientes de regulación de emprego un 40% menos que un ano.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/03/2016 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

As execucións hipotecarias decenderon o pasado ano en case 400 con rlespecto ao 2014, unha baixada dun 14%, que sitúa o índice de lanzamentos en níveis semellantes aos de 2008, cando comezaba a crise económica.

A plataforma Stop Desahucios despregou unha faixa en apoio dun desafiuzado
A plataforma Stop Desahucios despregou unha faixa en apoio dun desafiuzado | Fonte: Miguel Núñez

Así, dos 2.106 casos de 2014 pasouse aos 1.810 de 2015, segundo o informe "Efectos da crise económica nos órganos xudiciais" publicado este venres polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ).

Tamén diminuíron, aínda que en menor medida, os lanzamentos -que inclúen todo tipo de inmobles-, con 2.432 en 2015 na comunidade galega, fronte aos 2.519 do ano anterior, o que supón un descenso do 3,5%.

Deles, 800 producíronse como consecuencia de procedementos de execución hipotecaria, mentres que 1.507 rexistráronse en procedementos derivados da Lei de Arrendamentos Urbanos (falta de pagamento de alugueres), o que supón un pequeno descenso con respecto ao ano anterior.

En canto aos concursos presentados nos xulgados do Mercantil galegos contabilizáronse así mesmo descensos, pois dos 508 de 2014 pasouse a 324 en 2015, un 36% menos. É tamén a cifra interanual máis baixa desde 2008.mmDo conxunto de concursos presentados o pasado ano, 279 foron declarados, fronte aos 420 do ano anterior.

Protesta contra os Desafiuzamentos
Protesta contra os Desafiuzamentos | Fonte: CIG

Con respecto aos expedientes de regulación de emprego e á modificación substancial das condicións de traballo de carácter colectivo, Galicia contabilizou 57 en 2015, un 40% menos que un ano antes e un 70% menos que en 2012.

En relación aos xulgados do Social, na comunidade presentáronse o ano pasado 5.728 despedimentos, fronte ás 7.069 demandas de 2014, o que supón un descenso do 19%.

Pouco descenso de desafiuzamentos no Estado

A nivel español, o número total de lanzamentos hipotecarios ou desafiuzamentos practicados en 2015 foi de 67.359, un 1,1% menos que en 2014, e máis da metade dos lanzamentos derivouse da aplicación da Lei de Arrendamentos Urbanos.

Por comunidades autónomas, a cifra máis elevada de execucións iniciadas en 2015 rexistrouse en Cataluña, con 15.557 (o 23,1% do total), seguida de Andalucía (10.694) e a Comunidade Valenciana (10.037).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta