Temas: PUBLICIDADE

A Xunta gasta 59.999,99€ na publicidade do Día da Muller Traballadora

49586,77 euros máis IVE. Este é o importe (59.999,99€ IVE incluído) da adxudicación do contrato para campaña publicitaria de hoxe, 8 de marzo, día internacional da muller traballadora.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 08/03/2016 | Actualizada ás 17:30

Comparte esta noticia

A Secretaría Xeral de Medios, dependente da Presidencia da Xunta de Galicia, adxudicou este contrato mediante o procedemento negociado sen publicidade. Isto permitiulle non pedir ofertas públicamente, senón invitar unicamente a dúas empresas (Proximia Havas e Ingenio Media).

Mar Sánchez Sierra, secretaria xeral de Medios,  e Nuñez Feijóo
Mar Sánchez Sierra, secretaria xeral de Medios, e Nuñez Feijóo

O goberno puido aproveitar este procedemento ao ser un contrato menor, xustamente no límite ao que marca a lei para obrigar a sacar concursos abertos para este tipo de contratos,  60.000 euros.

A gañadora do concurso restrinxido foi a primeira, unha das empresas máis importantes no sector no Estado e que ten delegación na Coruña. Unha vez máis, todos os medios en galego quedaron á marxe do plan de medios da Xunta para estas datas.

Temas: PUBLICIDADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Gamela

o céntimo que fai medrar aos de sempre !

1 Kin

O bipartito gastaba tres veces máis.

1 ti si que sabes

e ademáis impunhan o "gayego" que lhe obligaban falar a gente, e tamén non sei o que passara cun Audi que seica andaban fardando