Un ano de cárcere por eloxiar a ETA e Resistencia Galega en Facebook

"Matar fachas e Txakurras non é delito... é o meu deporte favorito" ou "Ke ben arde... a madeira jejejeje" son algúns dos comentarios da conta de Xabi Canarias Galiza.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/03/2016 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Un ano de cárcere e oito de inhabilitación. Iso foi a condena que lle acaba de impoñer a Audiencia Nacional a J.O.C, de 34 anos, por ironizar con matar a policías e eloxiar a ETA, Resistencia Galega e Terra Lliure en 27 comentarios publicados no seu perfil de Facebook entre 2010 e 2014.

Teclado dun ordenador
Teclado dun ordenador

O acusado, nacido en Outeiro de Rei (Lugo), colgou imaxes de etarras armados e encapuchados coa ikurriña e o anagrama de ETA de fondo, de membros da banda terrorista coa lenda en eúscaro de "presos políticos a casa" ou un vídeo titulado Jo ta Ke sobre accións de kale borroka e atentados contra axentes da autoridade.

Ademais de comentarios sobre ETA, publicou tamén outros a favor do grupo Resistencia Galega ou sobre cinco mortos da organización Terra Lliure cunha foto deles á que acompañaba a frase: "En memoria dos patriotas mortos en combate".

"Matar fachas e Txakurras non é delito... é o meu deporte favorito" ou "Ke ben arde... a madeira jejejeje", xunto a unha imaxe de policías envoltos en lapas, foron algúns das mensaxes que publicou o acusado na súa conta de Facebook, "Xabi Canarias Galiza", que carecía de restrición de privacidade, polo que toda a súa difusión era en aberto e non só para os seus amigos na rede social.

Na súa sentenza, a sección primeira do Penal -Fernando Grande-Marlaska, Javier Martínez Lázaro e Fermín Echarri- aprecia que estas publicacións son "suficientemente expresivas dunha vontade concreta de xustificar as accións de concretas organizacións terroristas", o que as fai constitutivas dun delito de enaltecemento do terrorismo.

No xuízo, o acusado, que se enfrontaba a unha petición do fiscal de dous anos de cárcere, admitiu a titularidade desa conta, aínda que precisou que el non era o único usuario, xa que se conectaba a través de locutorios aos que ía acompañado de amigos que, segundo a súa versión, poderían facer eses comentarios no seu perfil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta