Feijóo recibe os mimos dos dirixentes do PP

O presidente galego recibe a poucos días de comunicar o seu futuro dentro do PP –que moitos dan por feito-- o ánimo dos dirixentes do PP de Madrid.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/04/2016 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

Primeiro Rajoy, despois Pablo Casado e, agora, Cristina Cifuentes. Nos últimos días, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, está a recibir o ánimo e o cariño do PP de Madrid que non tivo cando nunha entrevista en Onda 0 suxeriu que o seu futuro podería estar na empresa privada. 

Feijóo coa presidente da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes
Feijóo coa presidente da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes | Fonte: xunta.gal

Hai uns días era o presidente do Goberno español en funcións, Mariano Rajoy, quen dicía que Feijóo tomaría a mellor decisión para el e “para o partido”. Pouco despois era o secretario de Comunicación do PP, Pablo Casado, quen lle pedía que non deixe a actividade política porque é un "activo moi importante" para o Partido Popular e "un dos mellores". “É a xente que o PP necesita porque se constrúe sumando aos mellores", indicaba.

E este venes foi a presidenta da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes, e a que sona en moitas quinielas para substituír a Rajoy ao fronte do PP,  a que dicía que lle gustaría que o presidente da Xunta quedase no PP "en calquera función que teña".

"Creo que é un dos máis importantes valores que temos dentro do PP e gustaríame que quedase en calquera función que teña", dicía nunha entrevista radiofónica na que apuntaba que "non sería unha boa noticia perdelo". 

Feijóo anunciará o seu futuro, se se presentará ao congreso do PP galego para renovar o liderado e optar así a un terceiro mandato autonómico, este sábado. Unha decisión que o presidente galego avivou para sentirse querido e que moitos no seu partido e na oposición dan por segura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta