O concello di que en Vigo "non hai desafiuzamentos" e critica á Xunta por non atallar esta problemática

"É unha vergoña, deberían estar calados –na Xunta-- porque é a súa competencia e non están a atender este problema", critica.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 05/04/2016 | Actualizada ás 10:20

Comparte esta noticia

"Nesta cidade xa non hai desafiuzamentos porque é precisamente o Concello quen o evita cando tería que facelo a Xunta de Galicia, que non atende as súas obrigacións". Foi a contundente resposta que deu este luns o Concello de Vigo ás declaracións realizadas pola conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, nas que acusaba á corporación de "non implicarse" na loita contra os desafiuzamentos.

Protesta contra os Desafiuzamentos
Protesta contra os Desafiuzamentos | Fonte: CIG

Nun comunicado, o goberno vigués lembra que paga "1.500 alugueres e hipotecas" con fondos municipais e que o Concello atende "calquera intento de desafiuzamento" mentres que a Xunta "unicamente atendeu na cidade seis casos".

"É unha vergoña, deberían estar calados porque é a súa competencia e non están a atender este problema", conclúe a nota.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta