Temas: PCG AGE

O PCG tamén suspende de militancia ao traballador de AGE investigado por pornografía infantil

Esta formación, na que milita R.S., di que "lamenta e condena" este tipo de accións.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/04/2016 | Actualizada ás 11:58

Comparte esta noticia

Primeiro foi AGE, despois EU e, agora, o Partido Comunista Galego (PCG) o que acaba de suspender de militancia ao traballor de AGE investigado por um presunto delito de pornografia infantil.

Alberto Garzón con Yolanda Díaz, Rubén Pérez e Eva Solla durante un acto do Partido Comunista de Galicia (PCG)
Alberto Garzón con Yolanda Díaz, Rubén Pérez e Eva Solla durante un acto do Partido Comunista de Galicia (PCG) | Fonte: blogdelviejotopo.blogspot.com

“Tras ter constancia de que a persoa afiliada ao Partido Comunista de Galicia, investigada por presuntos delitos de pornografía infantil, dende Partido Comunista de Galicia ratificamos a suspensión de militancia iniciada de maneira cautelar o día de onte”, apunta nun comunicado esta organización. O investigado, tras ser detido o pasado luns xa foi liberado con cargos.

O PCG anuncia que seguirá co proceso interno segundo o previsto nos estatutos e lamenta e condena “este tipo de conductas que transcenden o ámbito político e constitúen un comportamento indigno e incompatible co compromiso” dos seus “valores éticos”.

Temas: PCG AGE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

1 Esquerda fundida

E a Yoli a tal hora sen dimitir, despois de encubrir os feitos e purgado aos honrados militantes que denunciaron a distribución de pornografía infantil na sede de EU en Ferrol en 2009. Esta era a que daba tantas leccións de moral.