Temas: TEATRO

Doble ración de Davila e Carlos Blanco, risas aseguradas e debuxadas

O debuxante Luis Davila -popular polas súas tiras cómicas en Faro de Vigo e noutros medios- e Carlos Blanco -un dos actores galegos máis coñecidos, deixan (momentaneamente) a saia escocesa tras as súas actuacións en Edimburgo e Londres e póñense smóking para, como din eles, sachar como é debido.

Por GC Tendencias | Vigo | 22/04/2016 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

O debuxante de Bueu e o actor arousán combinarán novamente as súas artes no Auditorio do Mar da cidade de Vigo en dúas sesións, a primeira comezará as 20:30 e a segunda as 22:30. As entradas xa están a venda en Atquilla.com a partir de 10 euros.

Espectáculo de teatro cómico de Davila e Carlos Blanco
Espectáculo de teatro cómico de Davila e Carlos Blanco | Fonte: pontevedraviva.com

Os humoristas desta volta viaxan a Broadway e prometen que “bailan (?) claqué e todo”. Con música de Budiño e Kepa Junquera os humoristas prometen “risas aseguradas (e debuxadas)” nun "xoguete escénico, un traballo a dúo onde a comedia ten finalmente a cobertura visual que nunca tivo".

Temas: TEATRO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta