A Xustiza investiga a 455 persoas e empresas por lavar diñeiro no Pastor da Coruña

O xulgado de instrución número 5 de Madrid acaba de abrir unha peza separada dentro do caso "Gürtel". O xuíz José de la Mata dita un auto no que ordena investigar se 455 personas e compañías empregaron a sede central do Banco Pastor, nos cantóns coruñeses, para blanquear uns 617 millóns de euros. Esa oficina foi rexistrada pola Policía por suposta falta de cooperación coa Xustiza, que o banco nega.

Por Manuel Vilas | Madrid | 26/04/2016 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

De la Mata toma esta decisión tar ordenar o rexistro da sucursal herculina no verán do ano pasado. Previamente, a Axencia Tributaria queixárase da suposta falta de cooperación da entidade galega, hoxe absorvida pola madrileña Banco Popular.

Fachada do Banco Pastor
Fachada do Banco Pastor | Fonte: Remo Flickr

A Xustiza chegou até o Pastor seguindo o rastro de Francisco Correa. Os investigadores sospeitaron que o cerebro da Gürtel empregou esa entidade para blanquear uns 100.000 euros. Os xulgados pediron información ao Pastor, o banco non cooperou na medida en que a Xustiza esperaba, os xuíces enviaron a Policía a incautar documentación na Coruña e agora sábese que detectaron unhas 25.000 operacións sospeitosas entre 2006 e 2010.

A noticia supón un serio problema de imaxe para o Popular en medio da treboada dos "Panama Papers"

O auto de hoxe salta aos medios menos dun mes despois de que se coñecese o informe da Oficina Nacional de Investigación del Fraude (ONIF) sobre o material incautado no seu día nos cantóns. Daquela, GC pediu coñecer a versión do banco.

O Banco Popular -matriz actual do Pastor- respondera desvinculándose as posíbeis responsabilidades, destancando que os feitos investigados presuntamente se produciron antes de que a entidade madrileña mercase o banco herculino. Segundo explican voceiros do Popular a GC, a entidade "está a colaborar con Facenda ao 100% en todo o que necesite e dende o primeiro momento".

Francisco Correa, dono de Special Events e organizador de mitins do PP
Francisco Correa, dono de Special Events e organizador de mitins do PP

O Pastor indicara que dende o verán pasado non recibiu ningún requerimento máis por parte dos xulgados e que non ten coñecemento do informe da ONIF sobre a suposta falta de control das contas investigadas na Gürtel. Tras insistir que sempre ofrecen "toda a colaboración" coa Xustiza neste tipo de investigacións, aclaran que polo de agora non hai ningunha persoa relacionada co banco investigada.

José María Arias, presidente do Banco Pastor, que mantén a súa marca diferenciada malia estar plenamente integrado no Popular, forma parte do actual Consello de Administración da entidade estatal.

O foco da investigación está sobre a sociedade uruguaia Belfast Link y a arxentina Eves. A ONIF sospeita que o Pastor facilitou contas manexadas por estas compañías a centos de persoas, como as implicadas na Gürtel, para lavar cartos. 

Quen está realmente detrás de Belfast Link e Eves? No caso de Belfast Link, os homes de palla parecen ser Manuel Roel e Walter Manuel Hernández. Eles operarían para o uruguaio o Fernando Juan Castagno Schickendant e Marcelo Pereira Darriulat. Schickendant tería recibido fondos de Luís Bárcenas a través doutra sociedade. 

 

José María Arias Mosquera
José María Arias Mosquera | Fonte: xornal.usc.es
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Obelisco

Queremos empezar a saber nomes, a ver cantos pepeiros aparacen

3 Hermerico

A a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a. A a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a a. A a a. A a a a a a a a a a a a a a a a el cursillo de gallego!!,!,!!!!,

2 Eu mesmo

Outra das consecuencias da fina intelixencia do sobriño, cando fichou a moreas de xentes do Popular esquecéndose do valioso capital humano proprio. Isto con Dª Carmela non tería pasado

1 Gamela

Algúns seguiremos a preguntarnos como o sobriño da Condesa de Fenosa pudo "vender" o Banco Pastor cando o propietario do banco era a Fundación Barrié (?) Seguramente é un caso único pero a viuva do Conde de Fenosa seguramente coñecía ben ao seus familiares para evitar que venderan (malvenderan) a obra de toda a súa vida! // Pero ninguén dixo nada desa "fusión" que máis ben representa un NEGOCIO espléndido e libre de cargas para o espabilado "sobriño" (?) Ao mellor este blanqueo son os costes de manter a moitos membros da Fundación coa boca pechada (?) Popular Opus Dei (?) con Fainé ao fondo (?)