Piden que os veciños do Couto Mixto teñan nacionalidade española e portuguesa

A Asociación de Amigos do Couto Mixto solicitará á Xunta que declare esta comarca como Territorio Histórico amparándose na nova Lei de Patrimonio Cultural.

Por Galicia Confidencial | Couto Mixto | 28/04/2016 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A Asociación de Amigos do Couto Mixto pediralle aos gobernos español e portugués a dobre nacionalidade para os veciños de Santiago, Rubiás e Meaus, en Galicia, e os pobos portugueses de Cambedo, Soutelinho e Lama de Arcas.

Couto Mixto
Couto Mixto | Fonte: vortegmax.net

Esta medida xa se aprobou en xaneiro de 1915 para os veciños do concello extremeño de Olivenza, despois de que a asociación “Além Guadiana”, procurase tal privilexio polo recoñecemento histórico dunha entidade territorial que ata 1801 foi portuguesa.

Tendo en conta que as vicisitudes históricas son semellantes á dos “pobos promíscuos”, Cambedo, Sotelinho e Lamadarcos, que ata a Lei de Límites de 1868 foran galegas, e o Couto Mixto un territorio independente baixo a tutela das Casas de Bragança e Monterrei, a Asociación de Amigos do Couto Mixto solicitará dos gobernos portugués e español idéntico tratamento.

Tamén lle pedirán á Xunta de Galicia a declaración de Territorio Histórico para esta comarca de 30 quilómetros cadrados.  Así, lembra que  Lei do Patrimonio Cultural de Galicia aprobada polo Parlamento de Galicia define o territorio como “aquela paraxe natural vinculada a acontecementos ou recordos do pasado” e, polo tanto, pedirá a declaración e inscrición no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia o que no seu día foi esta entidade territorial.

Asemade, a Asociación de Amigos do Couto Mixto solicitará que os Concellos de Baltar e Calvos de Randín, que teñen xurisdicións nas parroquias que o integran, aproben senllas mocións que lles serán enviadas para sumárense á declaración de territorio histórico.

Nunha sesión celebrada o pasado día 9, a entidade tamén acordou celebrar o día 2 de xullo o tradicional acto de nomeamento dos Xuíces Honorarios na igrexa de Santiago de Rubiás á Eurocidade Tui-Valença, 2nafronteira --dúo musical composto por Carme Penim e Maurizio Polsinelli e a Asociación Galego-Portuguesa de profesores pola paz.

Finalmente, renderá unha homenaxe aos homes e mulleres das Irmandades da Fala porque "no seu ideario contemplaron a realidade histórica, xeográfica e cultura dos pobos arraianos, para que chegaron a pedir que os seus cidadáns puidesen transitar a fronteira sen necesidade de pasaportes".

O día 2 de xullo celebrarase unha concentración de grupos de música tradical arraianos que farán pública a “Declaración de apoio á música tradicional arraiana”, que será lembrada coa plantación dun ciprese no adro da igrexa de Santiago de Rubiás.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

7 Montalegre

Atrasado é o teu pai e tu vai prà p..... que te p.... .

1 Abraiado

Que andas a tatexar ti, que nin se che entende? Vai traballar, que cunha pouca sorte ainda comes quente no mes...

6 Bufffff

Esto do Couto Mixto é todo un conto como xa dixeron outros, historia nacionalista, polo tanto inventada, unha vez mais.

5 Abraiado

Hahaha...! Pero, quen son os que andan a pedir iso, home? Pero se Portugal é un país aínda máis miserento e atrasado. Ademais, iso todo que din é mentira: nin hai mapas, nin houbo fronteiras, nin nada de nada. Con tal de esbardallar...

1 LUSITANOS

Abraiado N 5 Cà te esperamos do otro lado da fronteira ! Identificate e pode ser que un dia destes volvas prà Galicia con os cornos partidos. En vez de fazeres amizade com os vecinos fazes raiva e odio.

2 Abraiado

A modo, lusitanos, a modo...Primeiro, aprende a escribir o portugués con xeito, oh, que ese portunhol que metiches aí dá noxo... Amizade? Si home, si, a que queiras, pero o atraso e a miseria na que andades, de momento, non volos quita ninguén do lombo, eu non che teño a culpa diso, veña, aire...pra Lisboa cos ciganos...

4 Abcd

No hay otra cosas para hacer...adonde estan las fronteras....sigue para adelante y no para atras..

3 Xoelho

O que podía ser interesante é que Galiza formase confederación con Portugal, muito máis axeitado desde o punto de vista histórico e natural que a aberración de dividir a antiga Galiza en dúas: un_a sometida ao reino de Castela e outra, a parte sur, independente e que se extendeu máis cara ao sur co avance da Reconquista contra os mouros.

1 Vighés

Acho máis axeitado que a parte galega irridenta (Condado de Portugal e a súa proxeción) volte a integrarse nunha Galiza independente. Enténdase, que "pivote" no norte como é natural.