Descenso de temperatura, chuvia e alerta na costa este luns

A cota de neve descenderá a 1.200 metros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2025 | Actualizada ás 19:41

Comparte esta noticia

Todo o litoral de Galicia estará este luns en alerta amarela por temporal costeiro polo paso dunha borrasca que deixará vento forte do noroeste. Segundo a web de Meteogalicia, o aviso comezará ás 18.00 horas do luns e estenderase a ata as 21.00 horas da mesma xornada, salvo no litoral da Mariña Lucense, que o fenómeno costeiro adverso iniciarase ás 21.00 horas e finalizará a medianoite.

Tamén durante a xornada do luns, tal e como publica a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o suroeste e o oeste da provincia da Coruña estarán en alerta por choivas. Desta forma, espérase unha xornada con ceos parcialmente cubertos, choivas en calquera punto de GAlica. A cota de neve descenderá co avance da tarde e, á noite, quedará sobre os 1.200 metros. En canto ás temperaturas as mínimas non sufrirán cambios e as máximas terán un descenso.

Dúas persoas observan o mar con ondas polo temporal, na praia da Lanzada
Dúas persoas observan o mar con ondas polo temporal, na praia da Lanzada | Fonte: Elena Fernández

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta