Catro feridos, un deles exarcerado, tras chocar un coche contra uns farois

O accidente tivo lugar en Bueu.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2025 | Actualizada ás 19:52

Comparte esta noticia

Catro persoas tiveron que ser trasladadas tras sufrir unha saída de vía co seu vehículo e chocar contra varios farois na PO-511 ao seu paso polo municipio pontevedrés de Bueu. Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 16.40 horas deste domingo e foi un particular o que deu a voz de alarma e detallou que podía haber persoas feridas e algunha atrapada.

A central de emerxencias avisou aos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Morrazo e á Garda Civil de Tráfico. Tras finalizar a intervención, os bombeiros confirmaron que tiveron que excarcerar a unha das persoas implicadas e os profesionais sanitarios detallaron que trasladaron ás catro persoas ao hospital de referencia.

SAÍDA DE VÍA NA RÚA

Helicóptero e ambulancia de Urxencias Sanitarias 061 Galicia
Helicóptero e ambulancia de Urxencias Sanitarias 061 Galicia | Fonte: Europa Press - Arquivo

Por outra banda, os Bombeiros de Valdeorras tiveron que liberar a unha persoa na Rúa tras sufrir unha saída de vía e quedar envorcado o vehículo. O suceso produciuse sobre as 18.20 horas desta xornada na N-120 e ata o punto desprazáronse os profesionais sanitarios, a Garda Civil e Protección Civil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta