Beiras pídelle a Caballero colaboración para derrotar ao PP

“Mal síntoma se están preocupados Abel Caballero e compañía de que non os adiantemos quen estamos á súa esquerda, no canto de tender a man para derrotar ao PP e enfrontarnos á troika", dixo.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 01/05/2016 | Actualizada ás 16:28

Comparte esta noticia

Xosé Manuel Beiras no Parlamento de Galicia
Xosé Manuel Beiras no Parlamento de Galicia

En declaracións aos medios, Beiras aconsellou a Caballero e ao PSdeG que se queren evitar un novo "sorpasso", que "recuperen a identidade socialdemócrata e federal e federalista e republicana" do partido.

"Mal síntoma se están preocupados Abel Caballero e compañía de que non os adiantemos quen estamos á súa esquerda, no canto de tender a man para derrotar ao PP e enfrontarnos á troika", aseverou.

Beiras instou a Caballero e ao conxunto do socialismo galego a que se rearmen "para recuperar o proxecto e a política socialdemócrata, porque se é para continuar sendo un das columnas da segunda restauración borbónica (...), se se empeñan niso, vanos a arrastrar".

Así, lembrou que o alcalde de Vigo foi o candidato socialista á Xunta en 1997, cando se produciu o "sorpasso" do BNG ao PSdeG. Unhas declaracións que Beiras fixo tras indicar Caballero, nunha entrevista en La Voz de Galicia, que iniciou unha xira por Galicia para relanzar ao seu partido ante o temor a que as Mareas superen ao PSdeG nas autonómicas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Hermerico

Cursillo de gallego. Repetiçom da primeira leiçom, que nom foi aprendida: Derrotar o PP, sem preposiçom. O objecto directo, em galego, ou inglês, ou francês, nom leva. Em espanhol sim. Mas o galego nom é um dialecto do espanhol. Entendistes agora?

3 Sesese

Ainda que eu non o voto. Aquí parece que a o PP non o votan os Galegos o deben votar extraterrestres

2 Cíes

A quen enganas co da troika? O teu colega grego Tsipras é o alumno máis aplicado do austericidio e o primeiro en expulsar refuxiados a Turquía. Con 80 anos xa poderías ter algo de sentidiño. Acabaches co BNG e agora intentalo co país.

1 Abraiado

A luminaria esta, mais unha vez, con serios problemas de raciocinio e de percepción da realidade...Esta esquerdallada, con tal de voltar a chuchar dos cargos, arrástrase e fai o ridículo todo o que pode. Si, home, si, que lle vaia pedir colaboración tamén a Albert Rivera ou a Mario Conde...